Nota de prensa
ALFONSO FUENTE SUBLIÑOU QUE A APROBACIÓN DO PLAN SECTORIAL POR PARTE DA XUNTA É UNHA BOA NOVA PARA O CONCELLO E AGRADECÉULLE AO PRESIDENTE QUE NON INTERFERISE CON ESTE TEMA NA CAMPAÑA ELECTORAL.
Barreiros, 26 de maio de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, subliñou que a aprobación do plan sectorial por parte da Xunta é unha boa nova para o concello e agradeceúlle ao presidente Núñez Feijoo que non interferise con este tema na campaña electoral.
O rexedor dixo que “a Xunta ven dar luz verde ao plan sectorial de Barreiros como estaba previsto no mes de maio e tal e como se tiña comprometido o presidente da Xunta. Agradecer a todo o goberno que esto saia para adiante, esto posibilitará que o convenio que se ten firmado tanto coa Xunta como coa Deputación desde o Concello sexa unha realidade. Si ben este convenio ten un prazo de execución de tres anos agardamos que no 2013-14 poidamos xa ver os seus resultados”. Fuente Parga sinalou que “eses 14 millóns de euros de investimento para a mellora de saneamento, abastecemento, beirarrúas, iluminación… é unha boa nova para o noso concello”.
O alcalde tamén lle agradeceu á Xunta de Galicia que “non quixera entrar con este tema na campaña electoral, senón que o deixou para este xoves despois de que tivesen pasado as eleccións municipais para que esto non interferise na campaña e que non se pensase que a Xunta e o PP sacaban esto adiante para apoiar a un alcalde. Os resultados electorais están aí e demostran que este convenio é bó para o concello, tiña que ser así, tiña que sair adiante e agora antes do 30 de xuño hai que aportar as partidas económicas para que xa se poida empezar a licitar obra”.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



