Cando nunca máis
Dentro dun mes fará nove anos que se afundiu o Prestige nas costas galegas. As desgracias sempre lle tocan aos pobres.
Daquela había unha sociedade galega atenta, desperta e activa, que non foi capaz de dixerir tanta negrura no mar, tanta desidia das autoridades; que non acreditou nas mentiras dos políticos, nin se deixou enganar coas mentiras dos gobernantes de “hilillos de plastilina”, que hoxe andan coas mesmas andrómenas intentando reconquistar a poltrona.
A carraxe levou a centos de miles de galegos a tomar as rúas de Compostela, baixo a auga dos deuses vingadores e berrar alto e forte NUNCA MÁIS. A Terra encheuse de bandeiras negras coa franxa azul, os coches de colantes, os muros de pintadas. No balbordo o pobo semellaba espreguizarse dun longo sono de néboa caciquil que parecía decaer. Foron tempos de ilusión, nos que pensamos revivir unha nova xuventude con ansias de conquistar un futuro mellor para Galiza e as súas xentes.
Pouco durou a ledicia. Logo volvemos á depresión e a cargarnos de medicamentos que nos nubran as facultades de razoamento e de vixilia. Volvemos ser zombis inconscientes manexados polos bruxos de sempre. Xa non vemos nin sentimos, pechámonos nas casas, non falamos cos veciños e o medo paralízanos sen remedio. Vagamos coma Santa Compaña en busca dalgún deus salvador, mais, ¿mereceremos ser salvados?
Esta enfermidade estanos deixando sen patrimonio. Estannos arrincando a lingua para non poder expresar as ideas e calamos. Deixamos queimar os montes e cando veña o inverno pasaremos moito frío. Róubannos as xoias do noso patrimonio cultural -Códice Calixtino- para non recoñecernos a nós mesmos. Estragan as nosas costas con moreas de cemento e pensamos que iso é progreso. Os nosos fillos, formados con sacrificios persoais e sociais, teñen que volver a emigrar, porque como xa dicía Castelao, “o galego non protesta, emigra”. Agora róubannos os aforros de toda a vida e ficamos inmóbiles e aparvados agardando un milagre que non merecemos.
Ao pobo galego estanlle facendo unha operación cirúrxica a corazón aberto, cunha dose de anestesia excesiva. Cando despertemos, se temos a sorte de despertar, vannos doer moito as feridas. Xa non teremos forzas para berrar NUNCA MÁIS.
Emilio González Legaspi.

















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



