Nota de prensa:
O PXOM DE RIBADEO SOMETERÁSE A UNHA NOVA EXPOSICIÓN PÚBLICA EN BREVE, SEGUNDO O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ. HOXE REUNÍUSE A COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO PARA SEGUIR AFONDANDO NA SÚA ELABORACIÓN DESPOIS DE RECIBÍRENSE OS INFORMES DE PATRIMONIO E DE MEDIO AMBIENTE.
Ribadeo, 8 de febreiro de 2012. O PXOM de Ribadeo, en fase de elaboración, someteráse en breve de novo a exposición pública, segundo anunciaba este mediodía o alcalde, Fernando Suárez. Hoxe reuníuse a comisión informativa de urbanismo para seguir afondando na súa redacción agora que se recibiron os informes de Patrimonio e de Medio Ambiente.
Suárez Barcia explicou que “nesta mañá de hoxe vimos de manter unha xuntanza os portavoces dos diferentes grupos da Corporación Municipal nesta comisión informativa de urbanismo xunto cos técnicos municipais e cos da empresa redactora do PXOM para seguir avanzando, e xa me atrevo casi a dicir que chegando casi aos momentos últimos antes desta nova exposición pública que deberá ser nun corto prazo de tempo”.
Suárez Barcia sinalou que “unha vez que xa temos aquí os informes tanto de Patrimonio da Xunta como de Medio Ambiente, éste último referente ao plan de ordenación do litoral, que tamén son de obrigado cumprimento e incorporación no documento do PXOM, é agora cando os grupos poden ver nos vindeiros días xunto cos técnicos municipais o grao de concreción que ten todo este documento. Así poderán, si o teñen a ben, presentar as aportacións que consideren necesarias, e aínda que no pleno cada un ten o peso que ten e o goberno municipal dispón de maioría absoluta, sempre dixen e manteño que o documento do plan debe ser aprobado por unanimidade ou cando menos pola maior sintonía posible entre todos os grupos da Corporación”. E engadiu que “parécenos que todos son importantes á hora de facer as súas aportacións e sempre que se cumpran as determinacións legais e sempre que o interés público prevaleza por enriba de calquera outro todas as aportacións dos grupos serán benvidas”.
O alcalde ribadense dixo que “nos vindeiros días os grupos poderán ter acceso a toda esta información moito máis detallada. E si todo vai ben dentro de pouco tempo teríamos que sometelo novamente exposición pública para garantir toda a seguridade xurídica que un PXOM debe ter para que poida ser duradeiro e útil para todos os veciños e veciñas deste concello”.




















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



