VENANCIO LÓPEZ, NO CURSO DE INSTRUTOR DE FÚTBOL SALA BASE DE BURELA
O seleccionador nacional absoluto de fútbol sala, José Venancio López Hierro, ofrecerá unha lección maxistral o vindeiro mércores, 28 de marzo, destinada ao alumnado do Curso de Instrutor de Fútbol Sala Base que a Federación Galega de Fútbol organiza o presente curso en Burela, co club laranxa como colaborador. O IES Monte Castelo acollerá o devandito relatorio ás 17.00 horas.
![]()
José Venancio compartirá a súa experiencia na formación de base cos futuros adestradores mariñáns, así como co estudantado do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do centro educativo e xogadores/as e corpos técnicos do CD Burela FS.
Dúas décadas á fronte dos bancos afianzan a traxectoria de José Venancio (Bilbao, 1964), dende o Europcar Leioa, Bilbo, Castro Urdiales e Caja Segovia ata a Selección de Guatemala, o Autos Lobelle de Santiago e a Selección Española, cargo no que debutou como primeiro adestrador o 20 de outubro de 2007. O seleccionador pode congratularse de ostentar no seu palmarés máis recente o título de campión de Europa no Porto 2007, Debrecen 2010 e Zagreb 2012, ademais de ser subcampión do Mundo no Brasil 2008.
A última vez que o seleccionador visitou Burela foi en xaneiro de 2011, coincidindo co I Encontro do Deporte Base na Mariña, organizado polo CD Burela FS; nesta cita o club distinguiuno co seu galardón máis prezado, a Insignia de Ouro e Brillantes. Con anterioridade, a entidade laranxa xa tivo a oportunidade de deleitarse coa sabedoría de José Venancio no Campus Internacional Mixto, en 2009. A afección mariñá tamén gozou co xogo da selección española baixo a batuta do estratega ante Romanía (outubro de 2007) e Uruguai (febreiro de 2008).
Eurocopa. O vindeiro mércores, ademais, a afección da Mariña terá o privilexio de contemplar de preto o último trofeo do prolífico palmarés da Selección Española de Fútbol Sala, a Eurocopa; o conxunto que capitanea Venancio López proclamouse campión europeo o pasado mes de febreiro en Croacia nunha apaixonante final ante Rusia (3-1). O trofeo estará exposto a todo o público na casa consistorial de Burela pola mañá, entre as 10.00 e as 13.00 horas, e pola tarde poderá visitarse no IES Monte Castelo, de 17.00 a 19.00 horas.
Remitido






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
