110 rapaces de Riotorto e Lugo inauguran a programación de Km0 desta semana con dúas rutas pola Mariña
– A Deputada de Medio Ambiente recibiu a 55 alumnos do CEIP de Riotorto e a outros 55 estudantes do IES lucense Nosa Señora dos Ollos Grandes, que coñeceron os eucaliptais de Chavín, en Viveiro, e o porto burelés, respectivamente
– Con estes dous grupos, son xa máis de 1.600 rapaces da provincia os que participaron no programa medioambiental da Deputación dende xaneiro do pasado ano, o que demostra o interese que esperta a iniciativa como recurso didáctico
Dous grupos de estudantes de Riotorto e Lugo, en total 110 rapaces de entre 6 e 18 anos de idade, inauguraron este martes a programación de Km0 desta última semana de abril con dúas rutas pola comarca da Mariña. Con estes colectivos, son xa máis de 1.600 rapaces da provincia dunha trintena de centros educativos os que participaron no proxecto medioambiental da Deputación dende xaneiro do pasado ano, o que demostra o interese que esperta a iniciativa entre os colexios e institutos como recurso didáctico para amosar ós alumnos os valores do patrimonio cultural e natural de Lugo, así como as características do seu tecido socioeconómico.
A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, foi a encargada de recibir no Salón de Actos de San Marcos ós estudantes de hoxe: 55 do CEIP de Riotorto e 55 do IES lucense Nosa Señora dos Ollos Grandes. Os escolares riotortenses coñeceron despois as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación e, xa en Viveiro, comeron no restaurante Val do Naseiro e visitaron os eucaliptais de Chavín, o mosteiro de Valdeflores e o miradoiro de San Roque. Pola súa banda, os mozos de Lugo achegáronse á Fundación TIC para viaxar logo a Burela, onde comeron no restaurante Palacio de Cristal e percorreron o porto: as dependencias da lonxa, o barco museo Reina del Carmen e a nave das redeiras.
O programa de rutas continuará mañá mércores e o xoves, con 4 rutas máis polo Cebreiro e e a Zona Sur, das que gozarán 175 lucenses. Deste xeito, mañá, 55 integrantes da Asociación de Veciños Santa Lucía de Abadín desprazaranse ás instalacións da Fundación TIC, comerán no restaurante Girald de Aullirac de Pedrafita, farán unha ruta a pé ata o primeiro fito do Camiño de Santiago, subirán ó monte da Cruz e visitarán a igrexa de Santa María la Real e a Palloza do Cebreiro. Tamén o mércores, 48 persoas anotadas en Km0 de xeito individual, tras unha visita ó mazo de Santa Comba, viaxarán ó Courel, onde comerán no CTR Ferreiro e percorrerán a ruta de sendeirismo de Devesa de Rogueira.
O xoves, cando rematan as rutas da semana, 48 membros da Asociación Provincial Amas de Casa Lucus achegaranse ó mazo de Santa Comba para, xa en Sober, gozar dunha degustación na adega Algueira, comer no restaurante do mesmo nome, e realizar un percorrido en catamarán dende o núcleo de Doade. Pola súa banda, 24 internos do Centro Penitenciario de Bonxe coñecerán as instalacións da Fundación TIC e, no Courel, os castros de Vilar e A Torre, e a aldea de Seceda. A comida terá lugar no CTR Ferreiro.
Inscrición rápida e sinxela
Todos os interesados en participar en Km0 poden inscribirse de xeito rápido e sinxelo chamando ó número de teléfono 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas. Quedan excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425).
A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación, onde o usuario ten que pinchar, á esquerda do portal, no apartado Ocio, onde atopará un link cos itinerarios. Optando por esta alternativa os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.
Remitido






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



