A Xunta de Goberno aprobou este venres a subvención que a Consellería de Traballo concedeu á Deputación de Lugo para a prórroga do contrato dun traballador que desenvolve a súa actividade no departamento provincial de Fondos Europeos. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, informou que é a única subvención que concedeu a Xunta de Galicia á institución luguesa para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local. Esta axuda ascende a 15.300 euros, supoñendo só o 30% do custe total polo que a institución luguesa asume o 70% restante con fondos propios co fin de contribuír á xestión dos 25 millóns de euros que captou da Unión Europea, converténdose na quinta administración local en España que máis cartos comunitarios captou.
Martínez subliñou que “esta única subvención que nos outorga o Goberno galego é mostra dos continuos recortes que está a aplicar Feijóo ás políticas activas de xeración de emprego na Comunidade”. Segundo datos oficiais, no caso deste programa para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, a Xunta recortou o seu orzamento en máis dun 60% dende 2009, pasando dos 6 millóns de euros ós 2 millóns de euros. Nembargantes, a partida total que adica o Goberno galego á promoción de emprego rebaixouse en máis de 400 millóns de euros nos últimos catro anos. “Isto supuxo que a taxa do paro se incrementase nun 40% dende 2009, pasando dos 17.000 parados que deixou o anterior Executivo autonómico ós 28.000 que acadou o Partido Popular”, denunciou o voceiro tras comparar os datos ofrecidos polo Servizo Público de Emprego.
As políticas do “austérico Feijóo”
O Deputado informou que, segundo constata o Orzamento da Xunta para 2013, a partida para a promoción de emprego volta a sufrir un novo recorte este ano superior ó 40%, con 137 millóns de euros menos que no 2012, mentres que os fondos para benestar, sanidade e educación se reducen en 160 millóns de euros. “Os expertos xa aseguran que as políticas do austérico Feijóo suporán que Galicia bata o récord do desemprego no primeiro trimestre do ano con 300.000 galegos no paro. É dicir, o home que no 2009 se proclamou como o defensor do paro, asegurando ter a fórmula para rematar con esta lacra en 100 días, convertese no destructor do emprego na Comunidade. As políticas do austérico Feijóo están a contribuír, ademais, á constante perda de poboación en Galicia onde Lugo xa baixou dos 350.000 habitantes por primeira vez dende que existen datos oficiais do padrón”.
A Deputación tenta “contrarrestar” estes recortes
Martínez destacou que “dentro das nosas posibilidades”, tendo en conta que o Orzamento da Deputación para 2013 é de 89,4 millóns de euros fronte ós case 8.500 millóns da Xunta de Galicia, “tentamos contrarrestar estes recortes na provincia, marcando como prioridades do noso Presuposto para este ano a creación de emprego e o benestar social co obxectivo de fixar poboación”. O voceiro subliñou que a Deputación incrementou este ano nun 63% as políticas activas de emprego, con proxecto dotados de 7,5 millóns de euros, e aumentou os fondos para benestar social nun 12%, cunha partida de 2,2 millóns de euros, que se engaden ós 15 millóns de euros para a rede de residencias e centros de día públicos na provincia.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



