CONCELLO E DEPUTACIÓN INVESTIRÁN NESTE ANO 120.000 EUROS NO ARRANXO DE CAMIÑOS. FERNANDO SUÁREZ AGARDA QUE A XUNTA EXECUTE AS OBRAS DA SUBIDA A NOCEDA, PARALIZADAS DESDE HAI DOUS ANOS.
Ribadeo, 4 de xaneiro de 2012. Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo investirán no arranxo de camiños este ano 120.000 euros, segundo anunciou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez Barcia. O rexedor agarda que a Xunta execute as obras da subida a Noceda.
Suárez Barcia explicou que “desde a área de Obras do Concello de Ribadeo seguimos traballando nas parroquias para seguir tapando vaches e amañando os camiños que iniciamos a finais do pasado ano 2012, pero que logo tivemos que suspender polas malas condicións meteorolóxicas, porque chovía e non era bo momento para continuar con estes traballos. Reanudamos agora, que hai bo tempo, imos a bo ritmo e estamos rematando o que nos quedou pendente deste ano anterior”.
O alcalde agarda que “agora, ao longo de todo este mes de xaneiro poidamos finalizar esta fase e en febreiro a ver si podemos iniciar a execución do POS, deste Plan de Obras e Servizos da Deputación, que non é moito diñeiro pero tamén nos permite ir avanzando no revacheo dalgunha parroquia máis”.
Fernando Suárez engadiu que “seguramente nesta remesa de camiños que estamos amañando non se vai poder facer todo, pero a partires de marzo e abril imos iniciar unha nova fase de revacheos de repaso xeral dos camiños municipais. Para iso contamos que neste ano 2013 tanto de fondos propios, maiormente, como tamén por parte da Deputación, en total vanse investir uns 120.000 euros para todos os camiños, que son moitísimos os quilómetros que temos na rede viaria municipal e que seguramente con todo este diñeiro non dará para deixalo todo en perfecto estado de revista, pero si para darlle unha voltiña e que non se deteriore máis seguro que vai chegar”.
O rexedor confía tamén en que “a Xunta sexa tan dilixente como está sendo a Deputación ou o Concello e, dunha vez por todas, inicie as obras paralizadas desde hai dous anos da subida a Noceda, que se vai facer con aglomerado asfáltico, tal e como indicamos desde o Concello, pero que por motivos varios e diversos aínda a día de hoxe non están executadas as obras. Confío tamén que así será e que nas próximas semanas as máquinas, tamén por parte da Xunta, empecen a traballar aquí, en Ribadeo, tal e como facemos desde o Concello co apoio da Deputación Provincial de Lugo”.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



