José Manuel Balseiro busca acadar un acordo para blindar a sandiade pública das comarcas lucenses fronte as dúbidas infundadas que veñen pregoando desde a oposición coas súas críticas á xestión integrada das tres áreas sanitarias lucenses.
A iniciativa tamén pide que a Xunta garanta o mantemento das tres áreas sanitarias lucenses e que impulse a ampliación do Hospital da Costa e a mellora das prestacións sanitarias para os pacientes de Monforte.
Santiago, 16 de abril de 2013.- O Grupo Popular proporá na xuntanza prevista para mañá mércores día 17 da Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia un acordo para garantir os servizos, consultas e unidades actualmente existentes nos hospitais de Monforte e Burela e no que incluso se lle demanda á Xunta que desenvolva cantas xestións estime oportunas para incrementalos e potenciar a calidade asistencial destes centros.
A través de dúas iniciativas, unha proposición non de lei da que é autor Jose Manuel Balseiro e unha emenda a unha iniciativa do BNG, os populares buscan acadar un acordo parlamentario con capacidade para blindar a sanidade pública das comarcas do Sur e Norte lucense fronte as dúbidas infundadas que veñen pregoando as forzas da oposición con ocasión da aprobación do novo Decreto de xestión integrada.
Na proposta do Grupo Popular tamén se pide que a Xunta garanta o mantemento das tres áreas sanitarias lucenses –isto é, a da Mariña, a da comarca de Lemos e a do Centro- e, polo tanto, que non modifique o actual mapa sanitario. Así como tamén un punto final no que se lle insta ao Goberno a impulsar a ampliación do Hospital da Costa e a mellora das prestacións sanitarias para os pacientes de Monforte.
GARANTIR SERVIZOS E MELLORAR AS INSTALACIÓNS
José Manuel Balseiro espera contar co apoio do conxunto das forzas política parlamentarias dado que sería imposible entender que algunha delas puidera desmarcarse dunha iniciativa destinada a garantir os servizos e mellorar as instalacións dos hospitais da Costa e de Monforte. “Teremos oportunidade de ver quen defende a sanidade pública e quen tan so busca aproveitar un tema tan serio como é a saúde para facer electoralismo”
SEN DESPRAZAMENTOS
O parlamentario popular insiste en negar con rotundidade os argumentos empregados como crítica ao novo modelo de xestión integrada lembrando que os hospitais lucenses das comarcas da Mariña e Monforte seguirán cos mesmos servizos e competencias –co obxectivo do SERGAS de incluso amplialos-, continuarán atendendo a todos os doentes como ata o de agora e non será preciso realizar desprazamentos a Lugo capital para recibir a asistencia sanitaria que na actualidade xa se vén prestando nestes centros.
UN XERENTE EXECUTIVO
Balseiro tamén insistiu que a xestión integrada é unha fórmula de coordinación das tres areas lucenses pero non resta funcións nin traballo aos hospitais comarcais, que seguirán dispoñendo dun xerente executivo con máis competencias e máis.capacidade de decisión (agora tamén sobre os centros de saúde).

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



