A iniciativa vaise desenvolver nos catro museos da Rede Museística Provincial, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e no antigo Hospital de San Xosé, ao longo do segundo semestre do ano 2013
Lugo, 29 de abril de 2013. O delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentou esta mañá no Museo de Lugo o proxecto Enredarte, un proxecto global que aglutina cinco iniciativas para incentivar a creación, promoción e difusión das artes visuais, escénicas, musicais, literarias dotando aos artistas de espazos culturais para as súas creacións. Na presentación do proxecto tamén participou Encarna Lago, xerente da Rede Museística e coordinadora do mesmo proxecto e preto de corenta artistas que quixeron participar nesta presentación pública dun ilusionante programa que bota a andar.
Na súa intervención, Mario Outeiro afirmou que “con este proxecto tan ambicioso cremos que cumpriremos cun dos obxectivos de toda instancia e administración cultural, fornecer aos novos artistas e creadores, aínda que tamén aos consagrados, duns espazos óptimos para mostrar ao público as súas creacións, co que os dotamos dos medios necesarios para pór en valor o seu traballo. Porén, ademais de plataforma para visualizar os traballos duns artistas determinados, EnredArte é tamén un acicate para promover a creación artística, xa que xurdirán novos proxectos creativos a raíz deste proxecto porque os artistas veranse animados e, ademais, isto tamén axudará a pór en valor os espazos museísticos e os fondos dos propios museos da Rede. Por todo isto, creo que estamos diante dun proxecto dunha envergadura moi grande xa que abrangue todas as esferas artísticas e desde todos os puntos de vista: creación, difusión, posta en valor de novos artistas e de espazos culturais singulares. Non podemos máis que traballar e desexar que sexa o éxito que todas e todos agardamos”.
Tal e como explicou Mario Outeiro, este proxecto desenvolverase ao longo do segundo semestre deste ano e componse “de cinco iniciativas para incentivar a creación, promoción e difusión da arte: diálogos na Rede, Espazos públicos de visibilidade, Estudio Aberto, I Simposio Arte e Natureza no Pazo de Tor e SAUDARTE, que darán vida a todos os espazos da nosa Rede Museística e o último, Saudarte, que será unha ocupación temporal do edificio do Hospital San Xosé seguindo o ronsel do exitoso proxecto EntoleArte que enchera o antigo psiquiátrico de Castro de propostas artísticas de case un cento de artistas”.
Espazos públicos de visibilidade – 1 de xuño a 31 de decembro de 2013 – Museos da Rede Museística
Os Museos da Rede ofrecen os seus espazos dispoñibles para a presentación diante do público de calquera proposta artística : teatro, música, danza, humor,… Haberá unha convocatoria para a presentación de proxectos individuais ou colectivos. Cos proxectos seleccionados establecerase un calendario de actuacións en distintos espazos (pechados e abertos) dos catro museos. A Rede Museística Provincial organiza o programa, facilita os espazos e ocúpase da promoción e difusión de todas e cada unha das intervencións.
Estudio aberto – 1 de xullo a 31 de agosto de 2013 – Sala de exposicións da Deputación de Lugo
Concibido para artistas plásticos de diferentes disciplinas: pintura, escultura, debuxo, instalación, fotografía, videocreación. A Sala de exposicións temporais do Pazo de San Marcos converterase, durante dous meses, nun estudio aberto no que os artistas, elixidos mediante convocatoria pública, disporán dun espazo para crear diante dos visitantes, en diálogo directo con eles e cos outros creadores seleccionados.
I Simposio Arte e Natureza no Pazo de Tor – xullo de 2013 – Pazo de Tor
Xornadas de traballo no pazo de Tor arredor da arte e da natureza. Admitiranse proxectos de artistas que fan arte terrestre ou de integración das artes na natureza, especialmente aqueles que traballan con madeira, terra, pedra, area, auga, rocas … e que adapten as súas ideas concretas de traballo á contorna do Pazo de Tor e ao diálogo co público. Un xurado seleccionará a catro artistas entre os que presenten as súas propostas. Tamén estará aberta a posibilidade de presentar relatorios en relación co tema do simposio.
SAUDARTE – setembro de 2013 – Hospital de San Xosé de Lugo
Proxecto para un edificio que foi hospital e que non ten aínda un destino de uso definido para o futuro. Trátase de abrir temporalmente as súas dependencias para presentar todo tipo de intervencións e propostas artísticas en diferentes eidos creativos: artes visuais, escénicas, musicais, literarias …. Un xurado cualificado seleccionará trinta propostas, individuais ou de grupo, para intervir neste proxecto que segue o ronsel do que tivo lugar no tamén pechado Hospital Psiquiatrico San Rafael de Castro: EntoleArte.
Valoráranse especialmente (pero non de xeito excluínte) aqueles proxectos que, en relación co antigo uso do espazo expositivo, fagan referencia á enfermidade e a saúde ou aos valores curativos da arte.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



