A Asociación Gastronómica de A Pontenova, en colaboración con Viajes Lucus, está a organizar unha viaxe a Lourdes, Andorra, Zaragoza e Burgos para o vindeiro mes de setembro. A saída será o mércores 11 pola noite e o regreso o martes día 17 á noite. O prezo da viaxe é de 225 euros en réxime de Pensión Completa. Os interesados poden solicitar máis información ou anotarse no 982 043 000 ou no 658 240 815. As saídas realizaranse dende a Mariña de Lugo e o Occidente de Asturias.
Seis días de viaxe coa Asociación Gastronómica da Pontenova