Burela, 24 de novembro de 2014.- Éxito de público no acto contra a violencia de xénero organizado na tarde do luns por Mujeres en Igualdad Burela. Máis de 130 persoas se deron cita no Salón de Conferencias de Burela, para escoitar o que a Secretaria Xeral Nacional de Mujeres en Igualdad, Carmen Funez, tiña que dicir en canto á Estratexia Nacional para a Prevención da Violencia de Xénero. Tamén puideron escoitar o que os mozos tiñan que dicir en canto a Violencia de Xénero, da man de Jasone Lorenzo, que foi a encargada de transmitir unha serie de preguntas ás relatoras en representación dos máis novos.
Raquel Arias, Delegada Territorial da Xunta de Galicia, foi a primeira en contestar a unha das preguntas formuladas, explicando como actúa a administración pública contra a violencia de xénero. A seguinte quenda foi para Ana Pacio, Xefa da Unidade Contra a Violencia de Xénero da Subdelegacion de Goberno en Lugo, que explicou as diferentes medidas de actuación contra a violencia de xénero, dende esta unidade. A última en intervir foi Mary Fraga, Presidenta de Mujeres en Igualdad Burela, que explicou aos asistentes as actuacións que leva a cabo este colectivo para a loita contra a violencia de xénero, e a atención que ofrece esta asociación ás vítimas.
O acto foi pechado por José González Barcia, que destacou o magnífico traballo que realizan para a loita contra a violencia de xénero, tanto Mujeres en Igualdad Burela coma o Centro de Información á Muller deste Concello.
Mujeres en Igualdad Burela realizou o seu primeiro seminario contra a violencia de xénero o pasado mes de marzo, sendo este o segundo dunha serie de seminarios que realizará nun futuro.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



