Lugo, 18 de xuño de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar investirá algo máis de catro millóns de euros en accións formativas dirixidas a desempregados na provincia de Lugo, correspondentes ao investimento descentralizado que xestiona directamente a Delegación Territorial de Lugo. Serán un total de 84 cursos distribuídos nas tres liñas existentes segundo as entidades promotoras sexan os concellos, as entidades sen ánimo de lucro ou as empresas.
Segundo explicou a delegada territorial, Raquel Arias, “o obxectivo destas accións formativas é reorientar a traxectoria profesional das persoas en situación de desemprego, posto que entendemos que é imprescindible reciclarse e formarse en novas materias para poder competir axeitadamente e coas maiores garantías posibles no mercado de traballo actual”.
Neste senso, a delegada territorial reiterou que “a formación é básica para o acceso ao mundo laboral pero tamén é un aspecto clave para a competitividade das propias empresas”. “Consciente delo, a Xunta de Galicia fai un gran esforzo inversor en formar ás persoas en situación de desemprego que queiran reciclarse ou ampliar as súas competencias”.
En total, serán 1.260 o número de persoas desempregadas que poderán beneficiarse destas accións formativas no conxunto da provincia.
Ampla oferta de cursos
Sete concellos e a Deputación provincial organizan 14 cursos, aos que se destinan preto de 600.000 euros. Destes 14, cinco centraranse na atención sociaosanitaria a persoas dependentes, ben sexa en institucións sociais ou no domicilio. A oferta tamén inclúe dous cursos de dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil; así como de operador de maquinaria de escavación, operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, promoción turística local e información ao visitante; socorrismo en espazos acuáticos naturais; dinamización comunitaria e xestión de repoboacións forestais e de tratamentos silvícolas.
É salientable a implicación dos axentes sociais, tanto das organizacións empresarias como dos sindicatos a través das súas áreas de formación. É o caso da Confederación de empresarios de Lugo; a Asociación provincial de reparación e venta de automóbiles e recambios, a Fundación laboral da construción, a Asociación de empresarios de calefactores e fontanería ou o IFES Lugo-Castelao. Tamén colaboran entidades sociais como Cogami ou Cruz Vermella.
Na modalidade de entidades sen ánimo de lucro a oferta formativa inclúe 30 cursos, aos que se dedica unha partida orzamentaria de algo máis de 1,4 millóns de euros, de contido moi variado, dende tratamentos de datos e documentos; a operación auxiliares de servizos administrativos e xerais; a asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas pasando por mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos; creación e xestión de microempresa; dinamización de actividades de tempo libro; operacións básicas de restaurante e bar; ou operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica, entre outros.
Neste caso, segundo indicou Raquel Arias, “os cursos perseguen cubrir as cualificacións máis demandadas polas propias empresas, de tal xeito que a formación ofertada se axuste o máis posible a demanda real do mercado”.
Aos cursos incluídos na liña referida a empresas dedícanse algo máis de dous millóns de euros e realizaranse un total de 40 cursos. E tamén neste caso a oferta é moi variada: instalación de mobles; marketing e compravenda internacional; instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes; servizos auxiliares de perruquería; actividades de venda; xestión de marketing e comunicación; representación de proxectos de obra civil; servizo para o control de pragas; actividades auxiliares en agricultura; transporte sanitario; organización e proxectos de instalacións solares térmicas, entre outros.
Os interesados en beneficiarse destas accións formativas poden recabar máis información nas 11 oficinas da emprego da provincia, na xefatura territorial de Traballo e Benestar ou no portal web de Traballo.
Oferta en centros propios
A Xunta de Galicia conta con tres centros de formación ocupacional propios, ubicados en Lugo, Viveiro e Monforte, que organizan 15 cursos na que participan 225 traballadores en situación de desemprego, a maior parte deles xa iniciados, e que supoñen unha investimento de 930.000 euros.
No centro de formación ocupacional da capital ofértanse oito cursos. O vindeiro luns principiará o de mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos; mentres que os sete restantes xa se están a desenvolver: mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares; montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas e outro de instalacións solares térmicas; levantamentos e replanteos; soldadura con electrodo revestido; montaxe e reparación de sistemas microinformáticos; xestión contable e xestión administrativa para auditoría e mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos.
En Viveiro estanse a impartir catro cursos: montaxe e reparación de sistemas microinformáticos; operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica; mecanizado por arranque de labra e creación e xestión de microempresas.
Pola súa banda na Unidade de Accións Formativas de Monforte de Lemos estanse a impartir tres cursos máis: horticultura e floricultura; traballos de carpintaría e moble e actividades de floristería.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



