Remataron cunha festa este luns 31 de agosto as actividades das que gozaron durante este verán os nenos e nenas que acudiron á Ocioteca de Burela. Segundo explican as monitoras de Gaia “tivemos festa do pixama, festa da espuma e merenda. A da espuma foi todo un éxito. Nenos e nenas gozaron coma nunca lanzándose á espuma, tirándose nela…”. Pola súa banda, a concelleira de Medio Ambiente, Noelia María Ben, subliñou que “a Ocioteca foi un éxito, e os nenos e nenas gozaron de múltiples e variadas actividades desenvolvidas durante os meses de xullo e de agosto”.
Festa de peche da ocioteca de verán en Burela
Festa de peche da ocioteca de verán en Burela
Relacionado
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas
-
A Deputación apoiou ao Concello de Trabada para celebrar unha nova edición da Festa da Enfariñada
-
Acisa Ribadeo celebrou o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva