
Barreiros, 27 de abril de 2016.- Os alumnos de Primaria do Ceip San Cosme de Barreiros disfrutaron estew mércores dunha emocionante excursión, ao Museo Xurásico de Asturias, MUJA, entre as localidades de Colunga e Lastres. Participaron nunha visita guiada polo centro (interior e exterior do edificio), aprendendo curiosidades sobre as etapas Triásica, Xurásica e Cretácica da Era dos Dinosaurios.
Pola tarde visitarán o Centro de Arte Rupestre de Tito Bustillo e as Covas, en Ribadesella. Un xacemento declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO.
A visita foi organizada polo equipo docente, e conta coa colaboración do Concello de Barreiros.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



