Ribadeo, 11 de abril de 2016.- Alcaldesas, alcaldes, concelleiros/as e persoal técnico de 23 concellos asistiron o pasado sábado, no Centro Ágora da cidade da Coruña, á sinatura da addenda ao programa Apego, para a socialización en galego da infancia, que incorpora novas entidades municipais. O de Ribadeo é o único concello da provincia de Lugo que sumou a este proxecto e a esa xuntanza acudiron o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e o técnico municipal dese departamento, David Díaz.
Os servizos de normalización lingüística dos concellos da Coruña, Ames, Mazaricos, Moaña, Muros, Oleiros, Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, Teo e Vimianzo súmanse aos da Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago e Vigo como referentes nos que a veciñanza pode informarse e sumarse. Tamén pode contactar co proxecto a través da súa presenza na internet: www.apego.gal e www.facebook.com/apego.gal
Despois do primeiro ano de vida deste proxecto dirixido a poñer en valor a transmisión da lingua galega aos nenos e nenas e a facilitala con apoio, información, recursos, programación de actividades etc., súmanse 11 novos concellos, entre eles o de Ribadeo, o único nestes momentos da provincia de Lugo adherido ao Programa Apego, aos 12 concellos que inicialmente o botaron a andar. Deste xeito, o proxecto Apego chega agora a unha poboación que supera os 1.100.000 habitantes, entre a que está a das principais áreas urbanas, onde máis cómpre incentivar e facilitar a socialización en galego da infancia, pois neste proxecto participan 6 das 7 cidades galegas.
Farruco Graña anima aos concellos da Mariña e do resto da provincia de Lugo a achegarse a este programa e a sumarse a partires do vindeiro ano. E anuncia que traerá a Ribadeo actuacións musicais destinadas aos máis pequen@s e tamén diverso material didáctico, entre outras cousas. Aquelas familias que teñan bebés ou que os vaian ter ao longo dos vindeiros meses poden dirixirse á Casa da Cultura a solicitar información sobre Apego.
O acto, celebrado o sábado pasado no Coruña, estivo conducido por dúas representantes do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística, que explicaron que é o Programa Apego e a quen se dirixe co apoio de moitas imaxes da andaina percorrida ata o momento. Foi presidido polo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, que quixo acoller e celebrar o inicio desta colaboración cun concerto de música infantil, “Arrolos de salitre” protagonizado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández para os nenos e nenas entre 0 e 6 anos e as súas familias, os principais destinatarios do proxecto.
En representación dos concellos que formaron parte do Apego desde o inicio, interviñeron no acto os alcaldes da Baña e de Negreira, e en nome dos que agora se incorporan as alcaldesas de Muros e Moaña, ademais do anfitrión. As intervencións de alcaldes e alcaldesas fixeron fincapé no interese da colaboración intermunicipal para que a veciñanza de moitos concellos poida acceder en igualdade de condicións a programas e servizos. Tamén resaltaron a necesidade dun proxecto coma este que valore positivamente a lingua e a súa transmisión, tendo en conta a situación xeral pola que pasa o galego, incluso nos territorios onde a realidade é aparentemente máis favorable. E, de maneira especial, dirixíronse ás nais e pais para os convidaren a que se sumen ao Apego e participen nas accións e nas redes que reforzan a socialización en galego das súas fillas e fillos.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



