Lugo, 16 de xuño de 2016.- O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, acompañado do Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Carlos Méndez “Negrín”, e a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, o Presidente do CF Muimenta e os representantes das equipas finalistas, presentaron na mañá deste xoves no Salón de Actos da Deputación as sedes que albergarán as finais da XXXIII Copa Deputación de Fútbol.
O campo de fútbol O Pichón, de Muimenta acollerá este domingo ás 18:00 horas a final da Copa Deputación de Fútbol Feminina que disputarán o S.C.D. Milagrosa e o Peluquería Mixta Friol, as 20:00 terá lugar a final dos clubs de categoría Preferente e Primeira Autonómica, e estará protagonizada polo Viveiro C.F. e a S.D.C. Residencia. Finalmente a final que atañe a Segunda e Terceira Áutonómica celebrarase no Campo de Fútbol Municipal Suso Cruz de Guitiriz, esta final será o sábado 25 de xuño, as 18:00 e os finalistas sairán dos enfrontamentos de semifinais que se resolverán durante esta fin de semana do 18 e 19, unha das eliminatorias dispútana o Riotorto e a Sarriana e a outra o Palas e o Monterroso B.
Antonio Veiga destacou que “antes desta final, participaron nas distintas fases previas máis de 80 clubs, o que supón preto de 2.000 deportistas” lembrar tamén que a Deputación reparte mási de 90.000 euros en premios”. Os gañadores da Preferente e Primeira Autonómica e a equipa vencedora da categoría feminina recibirán 5.000 euros, por 4.000 dos subcampións, para a categoría de 2ª e 3ª Autonómica, os premios ao campión e subcampión ascenden a 4.000 e 3.000 euros relativamente.
Finais de Categorías Base
Paralelamente aos encontros de categoría afecionada, celebrouse a Copa Deputación Federada de Fútbol Base, as súas finais constan do seguinte calendario:
Categoría Xuvenil: CD Corgo – Viveiro CF (sábado 18, ás 17:30 horas no campo municipal A Reigosa de Friol) Categoría Cadete: SCD Milagrosa – Viveiro CF B (domingo 19, ás 12:00 nas Gándaras de Lugo) Categoría Infantil. SCD Milagrosa – SD Sarriana (sábado 18, ás 11:30 no municipal de Becerreá) Categoría Alevín: SDC Residencia – CD Lugo ( luns 20 ás 19:00 no campo municipal de A Cheda en Lugo) Final Consolación Alevín: AD Praia de Covas – Sagrado Corazón A ( domingo 19, ás 12:00 no campo municipal de Ás Gándaras de Lugo) Final Benxamín: CD Lugo – Escuela de Fútbol Viveiro (martes 21, 18:30 horas no Campo Anexo a Magdalena de Vilalba) Final Consolación de categoría Benxamín (sábado 18 as 18:00 no campo municipal de A Ribela en Sarria.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
