A Mariña, 24 de agosto de 2016. A formación nacionalista aproveitou o paso da “Vuelta Ciclista” para volver chamar a atención sobre os sucesivos incumprimentos de prazos marcados polo Partido Popular na execución das vías de comunicación entre Ribadeo e Ferrol –unha parte de competencia estatal e outra autonómica – cuxas obras deberan estar rematadas en 2007 e case dez anos despois ningún tramo está aberto. A maiores afirman que a comunicación do cantábrico galego entre si, e co interior por ferrocarril, ou non está na axenda política ou no que hai, ademais de ser altamente deficitaria leva camiño de desaparecer.
Activistas do BNG colocaron pancartas ao paso da “Vuelta ciclista” despois do paso polo casco urbano de Burela no acceso pola Areoura á estrada de competencia estatal N642 reclamando “darlle unha volta ás estradas da comarca” para visualizar o atraso de case dez anos nas infraestruturas por estrada previstas, o firme das vellas en mal estado, e o desprezo pola comunicación por ferrocarril en toda a franxa do cantábrico galego.
De pouco valen os rebacheos de última hora na N642 para un momento puntual, si cando chegue o inverno volveran aparecer as fochancas e seguirán as limitacións de velocidade nas travesías entre Ribadeo e Viveiro supoñendo unha hora para un traxecto de 66 kms, o mesmo que tardarán os ciclistas en facelo hoxe, afirmou a responsábel comarcal Ana Ermida Igrexas.
Ana Ermida criticou o a lentitude e abandono das novas e vellas infraestruturas por estrada na comarca, “os portavoces do PP venderán como positiva a apertura do tramo San Cibrao – Celeiro da VAP a Ferrol que nacerá como unha vía morta sen continuidade cara oriente e occidente e obviarán a paralización da variante de Viveiro paralizada en 2009”, calarán sobre a anulación cos seus votos e os do PSOE de calquera posibilidade de mellora no plano ferroviario europeo no norte galego aprobada fai anos, e virán vender un acceso ao peirao de Burela durante anos paralizado”.
A Mariña debe sacar tarxeta vermella o 25 de setembro a eses representantes políticos que desprezan o potencial económico dunha comarca como a nosa, que a pesar das carencias en infraestruturas loita por manter o estatus de representar case o 35% do PIB provincial, con sectores produtivos que resisten o abandono e o acoso político impulsado pola institución europea e o estado español co visto e prace do desgoberno do PP na Xunta de Galiza.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



