Santiago de Compostela 24 de agosto.O secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia, Xoán Bascuas, rexeitou as recentes declaracións do candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, porque obvian a Compromiso por Galicia:”Feijóo dí que o seu partido é o único unido e o único unido a Galicia. A parte de que evidentemente é falso, o que non pode engadir a esa afirmación é que é tamén un partido limpo e libre de corrupción. Pois ben, Compromiso si pode certificar que somos un partido unido, que nós si que estamos unidos a Galicia e que somos un partido limpo e libre de corrupción”.
Bascuas visitou este mércores a cidade de Lugo acompañado polo candidato por esta provincia, Juan Carlos Piñeiro Docampo e asegurou que coas súas afirmacións, Núñez Feijóo, pretende que non se fale da formación galeguista porque é a alternativa real ao PP:“Está claro que o rival incómodo do PP é Compromiso por Galicia. Claro que hai unha alternativa socialdemócrata, progresista e galeguista. Feijóo sábeo e por iso non lle interesa que se escoite unha mensaxe que está sendo moi ben acollida nas rúas e que se traducirá en votos o 25S”.




















Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



