O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e 7 alcaldes da provincia asinaron este venres convenios de colaboración mediante os cales a Deputación inxecta nos Concellos de As Nogais, Carballedo, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Pol, Viveiro e Xermade 1 millón de euros para mellorar servizos públicos no rural. O organismo provincial ofrece aos municipios un anticipo do 90% do presuposto que lle corresponde para facilitar e axilizar a execución dos traballos.
Campos Conde explicou que “este investimento enmárcase na nosa aposta pola mellora de servizos públicos municipais, especialmente en zonas rurais, e a máxima cooperación cos 67 municipios da provincia, pois este Goberno Provincial está a colaborar con todos os Concellos lugueses, levando novas inversións para beneficiar a cada un dos máis de 350.000 veciños da nosa provincia”.
Este investimento de 1 millón de euros da Deputación distribúese do seguinte xeito:
– As Nogais: O organismo provincial inviste 120.000 euros. Este presuposto é para o remate da antiga escola taller e para unha pista de tenis.
– Carballedo: 99.387 euros para a construción dun campo de fútbol de herba artificial.
– Negueira de Muñiz: 76.740 euros para a construción dun drenaxe transversal no río Cima da Pasada, no vial Negueira-Pieiga.
– Palas de Rei: 230.000 euros para melloras nas instalacións do campo de fútbol.
– Pol: 215.000 euros para novas traídas de auga e adquisición de maquinaria para o servizo de conservación de estradas municipal.
– Viveiro: 200.000 euros para o acondicionamento de accesos á praia de Area e ao colexio e igrexa parroquial de Covas; a mellora da rede de saneamento no Camiño Real; e a posta en valor da ruta de sendeirismo dende o Monte de San Roque ao do Penedo do Galo; así como para o desenvolvemento de actividades divulgativas e culturais dirixidas, especialmente, a cativos e maiores.
– Xermade: 150.000 euros para melloras na rede viaria municipal; o acondicionamento de pistas forestais; a dotación de depósitos de auga; arranxo de beirarrúas e locais municipais; melloras na Casa da Cultura e da Escola de Candamil; así como para a compra de maquinaria co que acondicionar vías locais.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



