Lugo 17-4-17. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta Semana Santa (Xoves Santo, Venres Santo e Sábado Santo) alcanzando unha media dun 95,78 % de ocupación.
Os datos confirman a liña ascendente de negocio neste período que, se ben en anos anteriores xa ía en aumento, este ano logrou unha suba moito maior. A APEHL confirmou un incremento de case un 10 % con respecto ao mesmo período do ano pasado, cando se obtivo unha ocupación do 86,91 %. En 2016 a porcentaxe xa aumentara un 1 %, en 2015 un 6 % e en 2014, un 11 %.
A Mariña foi a zona da provincia con máis visitantes, os establecementos estiveron completos durante todos os días. Non obstante, a Ribeira Sacra e a Terra Chá foron os lugares onde máis se ampliou a ocupación con respecto a 2016, un 10 % en ambas as dúas.
Por último, os hostaleiros consultados sobre este balance da Semana Santa coinciden á hora de afirmar que a maioría dos visitantes que estes días fixeron parada na provincia procedían de diferentes partes do propio territorio nacional. Ademais, os días claves continuaron sendo xoves e venres e as reservas maioritarias foron de un ou dous días.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



