Guitiriz, 17 de abril de 2017.- A Xunta de Galicia organiza neste primeiro semestre do ano na provincia oito cursos de formación dirixidos aos membros das agrupacións de voluntarios de Protección Civil, que suman en total 160 prazas.
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, participa hoxe na inauguración do programa de actividades, que se abre cun curso básico de protección civil en Guitiriz no que participan tamén voluntarios de Vilalba e Xermade. Nesta primeira quenda, as sedes elixidas para os cursos foron Guitiriz, Mondoñedo, Cervantes e Trabada. Cabe lembrar que estes dous últimos concellos son os de máis recente incorporación ao Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia na provincia de Lugo -este mesmo ano-.
A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, organizará no segundo semestre un novo calendario de cursos.
Trabada e Cervantes acollerán tamén cursos básicos de protección civil; o de Trabada desenvolverase entre o 26 de abril e o 8 de maio, e participarán voluntarios deste municipio e de Barreiros, Ribadeo e Foz. O de Cervantes celebrarase do 22 de maio ao 3 de xuño, e ademais dos voluntarios deste concello asistirán membros das agrupacións de Becerreá e Portomarín.
Os cursos básicos abranguen contidos sobre a natureza e funcións de Protección Civil; os riscos, accidentes e autoprotección; loita contra os incendios; comunicacións; actuacións básicas ante emerxencias médicas, e igualdade de oportunidades. Constan de 18 horas de formación teórica e 14 horas de formación práctica.
Con posterioridade, Trabada acollerá un curso específico sobre accidentes (entre o 1 e o 10 de xuño) e outro sobre incendios (do 14 ao 24 de xuño).
Igualmente, Guitiriz albergará outros dous cursos: O primeiro sobre accidentes en estrada, entre os días 4 e 13 de maio; e o segundo sobre incendios, entre os días 7 e 18 de xuño.
Pola súa banda, Mondoñedo acollerá entre o 10 e o 20 de maio un curso sobre incendios urbanos e forestais.
Durante a apertura dos cursos, o delegado territorial, José Manuel Balseiro, destacou o papel fundamental que realizan as agrupacións de voluntarios de Protección Civil “no marco dun sistema de cobertura de emerxencias profesional e eficiente”.
Neste sentido, puxo de relevo a colaboración de Protección Civil, os Grupos Supramunicipais de Emerxencias (GES), bombeiros, corpos de seguridade e os servizos sanitarios, “todos baixo a coordinación do 112 para responder con eficiencia ás necesidades dos cidadáns en situacións de risco”.























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



