Burela, 18 de abril de 2017. Burela é o Concello mellor cardioprotexido de toda a provincia. O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, alude aos datos facilitados polo 061 e salienta que actualmente o Concello conta con catro desfibriladores nas distintas instalacións municipais e estuda adquirir un quinto equipo fixo para A Marosa.
O edil socialista sinalou que “agora mesmo o Concello de Burela, segundo os datos que nos pasa o 061, é o mellor cardioprotexido de toda a provincia de Lugo. Contamos con catro desfibriladores. Un na Casa da Cultura, un no Concello, outro no pavillón polideportivo, e outro que temos itinerante para praias e o campo de fútbol”. E subliñou que “estes aparellos están dados de alta no 061, co que sempre saben na central onde están situados para axilizar ao máximo as actuacións a realizar”.
Ramiro Fernández Rey anunciou que “estamos intentando facernos con outro desfibrilador para que estea fixo nas instalacións deportivas de A Marosa”.
O concelleiro burelés dixo: “a verdade é que este dato nos enorgullece enormemente, e vemos que o traballo e a inversión que se fixo para poñer ao día todos estes desfibriladores que estaban un pouquiño en desuso e un pouco abandonados, agora mesmo convértenos nun referente na provincia de Lugo con respecto a este tema”.
O edil de Deportes lembrou “a formación de uso que fixemos tanto destinada ao persoal municipal como a voluntarios dos clubs deportivos de Burela aos que o Concello lles subvencionou a devandita formación”.
Fernández Rey manifestou que “é un auténtico orgullo para este equipo de goberno figurar neses datos que facilita o 061”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



