Mondoñedo, 19 de abril de 2017.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, valorou esta mañá o privilexio que supón desenvolver na cidade a iniciativa ‘No bico un cantar’, promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega. Na súa quinta edición, este proxecto rende homenaxe aos poetas mindonienses a través das voces dos alumnos e das alumnas dos conservatorios profesionais de música de Galicia. “A inclusión en ‘No bico un cantar’ converterá a Mondoñedo na capital da cultura galega o vindeiro día dous de xuño”, considera a rexedora.
Elena Candia participou esta mañá na presentación que se fixo da iniciativa no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo, na que tamén participaron o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e o membro do Consello da Cultura Galega e director musical da actividade, Maximino Zumalave.
Mondoñedo, ampla contribución á cultura galega
A través desta iniciativa a música e a poesía danse a man nas voces dos alumnos e alumnas dos conservatorios profesionais de música de Galicia e con eles, asegura Candia, “rendémoslle unha merecida homenaxe aos poetas mindonienses”. Así, a rexedora anunciou que “teremos o privilexio de contar con 500 nenos e nenas dos conservatorios profesionais de musica da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, do coro Ángeles de Compostela da Escolanía da Catedral de Santiago; do coro de nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia; e tamén están convidados os alumnos dos conservatorios profesionais de Viveiro e de Vilalba e das escolas de música municipais de Ribadeo e Mondoñedo”.
Na súa intervención, Elena Candia tamén lembrou que “a nosa cidade ten feito unha contribución maiúscula á cultura galega a través dos versos de Cunqueiro, Noriega Varela, Díaz-Jácome, Leiras Pulpeiro e Iglesia Alvariño, polo que hoxe aproveitamos tamén para reivindicar o noso papel e ese lugar destacado que Mondoñedo debe ocupar como cidade no centro da cultura galega”.
“Estamos nun escenario que vive ligado sempre a persoas ilustres e no que sempre temos efemérides que conmemorar” precisa. Así, a alcaldesa engadiu que “o Concello de Mondoñedo estará sempre do lado da educación en valores, do traballo en equipo e na defensa da cultura e a lingua galega a través dos nosos autores máis representativos”. Ao mesmo tempo agradeceu poder contribuír a por en valor e difundir a importancia da poesía e a música como vehículos de transmisión da cultura e da lingua, ao igual que, engadiu, “axudamos a tender unha ponte entre os creadores culturais do pasado, todos os autores que puxeron a Mondoñedo no mapa da cultura, e os novos creadores, o alumnado das disciplinas musicais que lle porá voz a este precioso proxecto”.
Agradecementos
A alcaldesa de Mondoñedo tamén quixo agradecer o traballo e o empeño do Consello da Cultura Galega por achegar esta iniciativa desde Mondoñedo a toda Galicia, “un recoñecemento que personalizo no seu presidente, Ramón Villares, e na influencia que a bo seguro tivo o seu paso polo Seminario de Mondoñedo”.
Para a popular, esta loa debe estenderse tamén ao conselleiro, Román Rodríguez, así como a Anxo Lorenzo, “dous dos valedores da cultura desde Mondoñedo para o mundo e os verdadeiros artífices, xunto co Consello da Cultura Galega, de que o todo o noso potencial se dea a coñecer aos rapaces e rapazas dos conservatorios profesionais de música de Galicia”.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



