Foz 1-4-17. PRESENTACIÓN CARTEIS E REIVINDICACIÓN
1.Boas tardes, a todos e todas, representantes de colexios, colectivos, concellos, artistas, medios de comunicación, colaboradores … moitas grazas pola vosa presenza nesta presentación de carteis da exposición que vai ter lugar no CENIMA de Foz entre o 7 e o 28 de abril , de luns a venres de 10 a 13 h. e de 19 a 21 h e os sábados de 19 a 21 h. ademais de abrir durante esta semana santa tanto pola mañá coma pola tarde , e tamén ao acto de reivindicación CENIMA.
2.O obxectivo de estarmos aquí, sabedes que ademais da presentación aos medios é que como equipo que formamos todos, nos axudedes a repartir os carteis nos sitios máis adecuados das vosas localidades, e que levedes xa as propostas didácticas para os centros para que sirvan de preparación, xunto con outro material que vos irá chegando, aos centros escolares que nos visitarán no CENIMA.
3.E este ano as artistas(ADRI PARDO, LALY SANTOS, PILAR REI,LUCÍA CATUXO, ZILÍ KATOVA, CRIS BASANTA, LUCÍA VILA, EVA RIVAS, ALICIA PUCHADES, CARMEN LLONÍN E RENATA OTERO) pensamos que teñen unha fermosa obra que nos vai a gustar moito e que xa puidemos comprobar no fermoso libro catálogo que está sendo elaborado e que tamén faremos chegar ao seu tempo aos centros educativos.
4.Dicirvos que esta exposición “SER VISIBLES” que hoxe presentamos vai levar parella unha serie de actividades que citamos:
a)Nos centros o proxecto caixas, xa hai apuntados dez centros e agardamos que se anoten outros.
b)Actividade de Ta en Artes con nenos e nenas.
c)Charlas debate sobre arte da Pomba do Arco.
d)Está iniciándose unha colaboración coa Fcam sobre o proxecto caixas e os comercios.
e)Está tamén en marcha unha homenaxe ao artista mindoniense Juán Puchades.
f)Sumámonos ao homenaxe a Maruja Mallo con exposición en Viveiro.
g)Teremos visitas escolares guiadas dende o 18 ata 28 de abril.
h)Cerraremos o 28 cunha conferencia de Rosa Sarmiento sobre a muller na arte galega coa que colabora o Observatorio da Mariña pola Igualdade.
5.E a hora de dalas grazas, temos que citar á Deputación Provincial que coma nos últimos anos nos dona carteis, dípticos e libro catálogo; ao concello de Foz que nos proporciona o Cenima e ao persoal para mostrar esta exposición, a aqueles concellos que proporcionan autobús ao alumnado para desprazarse á exposición, a Mancomunidade de Municipios da Mariña porque está aí para que nós acudamos a mostrarlle as nosas iniciativas e que agardamos que remate nun grande proxecto comarcal, ás deseñadoras dos carteis Lucía e Cristina, a tódalas artistas que participan este ano porque tiveron que facer un esforzo moi grande para por en marcha todo isto, ao Observatorio da Mariña pola Igualdade pola súa colaboración na charla de Rosa Sarmiento, e a Pomba do Arco pola semana de charlas sobre arte, a Ta en Artes, aos colexios participantes no proxecto caixas, e a tódolos centros que participan nas visitas, … a todos e todas que estades sempre apoiándonos moitas grazas.
6.Para rematalo acto pasamos a explicarvos o comunicado reivindicativo sobre o CENIMA e posteriormente a lelo e pedirvos que todos e todas aqueles que esteades de acordo non vos vaiades sen firmalo.
Xerardo Lopez, Pedro Cabarcos























Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



