Burela, 17 de abril de 2017. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, fixo un balance moi positivo da Semana Santa. Subliñou que a ocupación hoteleira foi do 100%, o ben que funcionaron as Xeorutas e o tirón que ten o barco museo Reina del Carmen.
O edil socialista dixo que “estamos moi satisfeitos do ben que funcionou a Semana Santa para o sector hostaleiro e da restauración en Burela. A ocupación hoteleira, como xa dixemos días atrás, foi do 100% estes días. As Xeorutas, as cinco que fixemos, funcionaron moi ben e ocupáronse practicamente todas as prazas ofertadas”. Fernández Rey dixo que “seguiremos a apostar por este tipo de iniciativas como un atractivo turístico máis en Burela. Vemos que teñen demanda as Xeorutas e iso é importante”.
Polo barco museo Reina del Carmen “tamén pasou moita xente estes días. Está a ter un tirón moi importante, a xente sae moi contenta e sorprendida da visita. O barco museo será un dos puntos que tentaremos dar a coñecer aínda máis para que a xente que ven á Mariña se achegue a Burela a visitar o Reina del Carmen e o resto de puntos turísticos que poderán atopar no noso concello”.
Ramiro Fernández Rey tamén se referiu aos actos relixiosos da Semana Santa: “moita xente seguiu as procesións en Burela, que van a máis ano tras ano e que agardamos que sigan a medrar en edicións futuras. Hai que agradecer o traballo realizado polos organizadores e animalos a que sigan nesta liña”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



