Viveiro 11-5-17. O colectivo viveirés PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza o vindeiro domingo 14 de maio un concerto co grupo Lucus Ensemble. O acto, que dará comezo ás 12:30 horas, desenvolverase no salón do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e fai parte do programa “Musiqueando” da Deputación de Lugo. A entrada a este concerto é libre até completar o aforo do local.
Lucus Ensemble nace en Lugo no ano 2014. Despois de coincidir en diversos concertos benéficos, un grupo de músicos con amplia experiencia pensan na posibilidade de crear unha formación estable na capital lucense para o desenvolvemento de proxectos musicais adaptados para un ensemble mixto vento-corda-percusión baixo a dirección musical de Alejandro Troya. Este farase cargo tamén, xunto con outros membros da agrupación, de ultimar as adaptacións e arranxos necesarios do programa, sendo esta unha das características identificativas do grupo, xa que todo o repertorio está arranxado por e para o Ensemble. Conta cun plantel fixo de once músicos:
Oboe Mateo Bande
Frauta Cristina Díaz
Clarinete Miguel A. Díaz
Clarinete Adrián Balboa
Clarinete baixo Santiago Noriega
Saxofón Alejandro Troya
Trompa Moisés López
Fagote Xosé Fernández
Violonchelo Cristina Nogueira
Contrabaixo Araceli Martínez
Percusión Carlos Vázquez




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



