Foz, 10 de maio de 2017. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, explicou hoxe que a non concesión da bandeira azul para as praias de A Rapadoira e Areoura este ano é por un cambio de criterio de ADEAC. Ao rexedor municipal sorpréndenlle cada vez máis os argumentos da asociación que concede estes galardóns.
“O equipo de goberno do Concello de Foz quere deixar claro cales son os motivos polos que as praias de A Rapadoira e Areroura e o paseo A Rapadoira-Llas non teñen bandeiras azuis este ano. Recibimos as explicacións por parte de ADEAC, que é o organismo que concede estes galardóns, e non nos deixan máis que dúbidas. As praias da Areoura e A Rapadoira non deixan de ter bandeira azul porque se empeoraran as circunstancias que tíñamos o ano pasado senón simplemente porque este ano deciden que ter nas proximidades unha depuradora non é compatible cunha praia de bandeira azul; é o que deducimos da resposta que nos acaban de dar. Polo tanto seguimos coa nosa perplexidade porque durante 29 anos A Rapadoira tivo bandeira azul e ninguén puxo estes problemas e agora, dun ano para outro, parece ser que é un condicionante fundamental”, manifestou o rexedor.
Javier Castiñeira engadiu: “é certo que este grupo de goberno leva moitos anos dicindo que a existencia dunha depuradora na zona portuaria non lle axuda para nada á praia da Rapadoira e isto ven darnos a razón, pero non quere dicir que esteamos de acordo cos criterios de ADEAC”.
E en canto ao paseo Rapadoira-Llas as explicacións da asociación ADEAC “tamén nos sorprenden pois non ten este ano o galardón porque, segundo nos din, hai unha deficitaria conservación na zona entre Peizás e Pampillosa, pero non sabemos porque fan mención a eses lugares, xa que non están no paseo da Rapadoira a Llas. E, por outro lado, falan da proliferación dunha especie invasora que eles chaman uña de gato e que está por toda a costa de Galicia. Tamén fan alusión a que se perde o galardón en Areoura e A Rapadoira, o que tampouco ten nada que ver co paseo. Por tanto cada vez nos sorprendemos máis e facemos públicas as contestacións de ADEAC para que xulguen os veciños. O que queremos é evitar debates ou conxecturas que non teñen razón de ser”, comentou o alcalde focense.
Ademais Castiñeira garante que “a praia da Rapadoira ten exactamente os mesmos servizos e garantías de seguridade, de limpeza e de coidado que tiña antes; vainos seguir tendo igual e os resultados, que tamén facemos públicos, dos nove controis sanitarios que se fixeron das augas dan todos excelente tanto na Areoura como na Rapadoira”.
Por todo isto o rexedor municipal de Foz considera que esta situación “cada vez é máis incomprensible e fainos manter as dúbidas respecto a estes galardóns”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



