Lugo, 18 de maio de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao viñetista, Luis Davila “O Bichero”, e á Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentaron este xoves no Museo Provincial de Lugo, a mostra Humor do país, que estará exposta ata o 31 de xullo na sala de exposicións temporais do museo. A colección do famoso viñetista, está enmarcada dentro da programación, que o Goberno da Deputación ofrece, de xeito gratuíto, durante o mes de maio, co gallo do Día Internacional dos Museos, que se celebra este 18 de maio.
Campos Conde subliñou que “temos o privilexio de contar con esta mostra do prestixioso ilustrador e humorista, Luis Davila “O Bichero”, que nos amosa, a sociedade actual dende o seu característico punto de vista e retranca. Quero aproveitar que hoxe celebramos o Día Internacional dos Museos, para agradecer o labor que os traballadores da Rede Museística da Deputación, realizan durante todo o ano, para que as nosas salas expositivas e os nosos proxectos sexan únicos e recoñecidos, dentro e fora de España.”
O Museo Provincial de Lugo, acolle 95 viñetas de Luis Davila, que versan sobre distintos temas de actualidade, como a sanidade, o turismo, a educación, ou a igualdade, entre outros. Este conxunto de obras, forma parte dunha exposición colectiva do debuxante e humorista galego, que reúne ilustracións do autor nos 4 museos da Rede Museística da Deputación. Ademais, durante a presentación de Humor do País, os participantes realizaron un obradoiro de viñetas impartido por Luis Davila.
Luis Davila
Luis Davila Malvido naceu en 1972, no Concello de Bueu en Pontevedra. Cursou estudos de Deseño Gráfico e Ilustración na Escola de Artes Aplicadas Pablo Picasso, da Coruña. Traballou en diferentes axencias de publicidade e en 1997 entrou a formar parte da sección de deseño do xornal Faro de Vigo. Dende o ano 1998 publica en Faro de Vigo unha viñeta de humor diaria chamada “O Bichero”. Ten publicados seis libros recompilatorios. Na súa faceta como pintor, xa ten realizado máis dunha véntena de exposicións e no ano 2006 recibiu o 1º Premio da bienal Arte no Morrazo.
Programación
Museo Fortaleza San Paio de Narla
– O 20 de maio terá lugar a actividade Noite dos Museos, dirixido ao Club Pequeamig@s, no que os rapaces realizarán actividades e pasarán a noite no museo.
– O 27 de maio ás 12:00 horas, presentación da exposición/obradoiro Humor do país, por Luis Davila.
Museo Provincial do Mar
– O 19 de maio ás 18:00 horas, presentación da exposición/obradoiro Humor do país, por Luis Davila.
Museo Pazo de Tor
– O 19 de maio ás 11:30 horas, obradoiro nós+outrxs en rede, con Violeta Bernardo, dirixido aos integrantes de Ágora-Monforte.
– O 20 de maio ás 11:00 horas, obradoiro A horta de Tor, dirixido ao Club Pequeamig@s, no que plantarán produtos autóctonos, como tomates, pementos, ou patacas, entre outros.
– O 20 de maio ás 11:00 horas, obradoiro de Xogos tradicionais, dirixido ao Club Pequeamig@s, no que practicarán distintos xogos.
– O 25 de maio ás 16:30 horas, obradoiro de Álbum de Memoria, no que participarán os usuarios do xeriatrico do Concello de Monforte de Lemos, no que realizarán distintas actividades enfocadas en traballar a memoria.
ICOM
O Consello Internacional de Museos (ICOM) é unha organización internacional de museos e profesionais, dirixida á conservación, mantemento e comunicación do patrimonio natural e cultural do mundo, presente e futuro, tanxible e intanxible. Creado en 1946, ICOM é unha organización non gobernamental (ONG), que mantén unha relación formal coa UNESCO e ten status de órgano consultivo do Consello Económico e Social das Nacións Unidas. Este ano o lema escollido polo ICOM Internacional, é Museos e historias controvertidas. Dicir o indicible en museos. Con esta iniciativa, o Consello Internacional dos Museos, busca que os Museos establezan un diálogo entre distintos interlocutores e exerzan un papel activo, e no seu caso reconciliador cos feitos e historias traumáticas, memorias feridas, do pasado.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



