Burela, a 13 de maio de 2017. Nos últimos meses, o alcalde de Burela está actuando de xeito preocupante, pensando máis en ocupar espacios na prensa con manifestacións rimbombantes, con moita palabrería, ca en xenerar beneficios reais para os veciños. Como mostra, o pretendido plan de tráfico. Un plan de tráfio que ninguén coñece, que non se lle espuxo a ninguén e que polo tanto non se pode analizar, anque sí sabemos das intencións e das realidades do alcalde. E tamén está a actuar con algo de soberbia. Vexamos.
Moitos lembrarán que o alcalde dixo hai un ano que logo de que se abrise o acceso ó porto se aplicaría de xeito “inmediato” un plan de reordenación do tráfico, plan que estaban ultimando. Volveu a decir o mesmo os días da apertura do acceso, con máis bombo ainda, decindo que a intersección do acceso con Eijo Garay ía ser un caos, etc., etc. Reiteramos que ningúen coñece tal plan, que a ninguén se lle espuxo, e que por non saber ninguén sabe cáles son as liñas básicas. Lembramos que a actual ordenación do tráfico na zona centro, nas Calles Novas, data de 2006, cun goberno do PP, e daquela sí que se lle espuxera á Asociación de Veciños.
Hai ano e medio, dixo que ía trasladar o mercado, que estaban preparando un regulamento. Baraxou Torrentes, creando expectativas na hostalería da zona, loxicamente. Desde hai un ano, fala de levar o mercado para as prazas de A Mariña e do Concello e a un tramo de Eijo Garay, e afirma que está ultimando o regulamento do mercado. Tal regulamento nin foi a pleno, nin se tratou en Xunta de Goberno e creemos que “nin se lle agarda”. Por palabrería, que non sexa.
Hai sei meses que leva falando da peonalización dun tramo de pouco máis de cincuenta metros de Eijo Garay, incluida dentro dun plano de peonalización de rúas (que en boa lóxica debería estar incluido no plano de ordenación do tráfico…); plano de peonalización que tampouco a ninguén se lle espuxo, nin tan siquera ós veciños e comercios da zona, nin ó pleno, nin ás comisións informativas. O sorprendente (ou non…) é que só fala de peonalizar ese tramo, desde o BBV ó Santander. De levalo a cabo, o caos de tráfico que se xeneraría sería solemne. E como xa sabemos que hai xente para todo, as malas linguas din pola rúa que o motivo real da posible peonalización puidera estar en que nese tramo, nun local antes ocupado por unha perruquería, se abrise un establecemento de hostalería, por parte dunha persoa mui vencellada ó grupo de goberno, que pretendería poñer unha terraza, terraza que algúns sospeitan que tamén podería ocupar parte da Praza do Concello. De feito, algúns veciños do entorno andan xa coa mosca detráis da orella. Nós, no noso afán de bempensados, non quixéramos pensar que eso puidera acontecer, pero con este alcalde podemos agardar calquera cousa…. E hasta puidera que os rumores foran certos, porque recentemente nunha xuntanxa o alcalde afirmou, algo cabreado, que eso ía ser sí, ou sí.
O último, que non o derradeiro, o de Arcadio Pardiñas. Anda boa parte da veciñanza da avenida cabreada, e con razón. Cambiar cousas que levan funcionando axeitadamente, non é boa política… Sacar pasos de peóns empregados por centos de persoas ó día…; eliminar zonas de carga e descarga (hai dous anos, o concelleiro de Tráfico dixo que en Burela había que apoiar ó comercio local con máis zonas destas…), provocando distorsións no servicio ós comercios…; eliminar a liña discontinua, provocando que se se quere xirar se teña que ir dar a volta á rotanda do acceso…; deixar o tramo peor sen reparar, o que sube hasta o Correo Vello… E que por riba o alcalde se cabree cos veciños cando se lle van plantexar as cousas con seriedade e argumentos, resulta penoso e di moito da forma de ser deste home… Unha actitude que cando menos se pode calificar de soberbia.
Item máis… Agora “amenaza” con poñer zona azul en Burela… Sabe este home ónde tén o norte?
A esto queda reducido o plan de tráfico que ninguén veu, que a ninguén se lle espuxo… Reducido ós impulsos e ós presuntos cambalaches, do soberbio, palabreiro e, como vemos, non tan “pacífico” pero sí cabreable alcalde do noso concello? Atentos ós vindeiros capítulos.
O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR.





















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



