O Grupo Teatral “O Centiño” de San Martiño fará o sábado, día 20, ás 20,30 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Foz, unha representación benéfica con miras a recadar alimentos para o Banco de Alimentos de Foz. A obra representada é “Zume de amorodios”. A entrada será gratuíta, pero pídese ós asistentes que acudan con algún tipo de alimento para donar ó banco. Ó día seguinte o grupo O Centiño representa tamén “Zume de amorodios” no Casa da Xuventude de Mondoñedo, coincidindo coa presentación do libro “Vinte obras de teatro afeccionado” de Pepe Peinó.
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



