Burela (Lugo), 30 de agosto de 2017.- Que o paciente reciba unha atención máis próxima ao seu domicilio é a base da reforma da Lei de Saúde na que traballa a Consellería de Sanidade e cuxo anteproxecto está na actualidade publicado no Portal de Transparencia, accesible para todos.
Así o explicou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, nunha rolda de prensa na que indicou que a futura norma busca consolidar o modelo de xestión integrada xa existente e que precisamente permitiu acercar os profesionais aos pacientes evitando viaxes desde A Mariña ata Lugo capital.
Balseiro cuantificou este dato ao revelar que desde o ano 2012 e ata 2016, médicos do Hula trasladáronse ao Hospital da Costa para atender 8.579 consultas e outros actos asistencias desde Burela, evitando polo tanto o desprazamento de pacientes.
A gran maioría dos beneficiarios foron doentes de cancro atendidos na nova sala de oncomatoloxía de Burela, onde ademais de pasar consulta cun oncólogo procedente do Hula puideron recibir, en función da súa patoloxía, o correspondente tratamento de quimioterapia.
Pero nesa cifra tamén hai doentes atendidos por especialistas que se achegaron a Burela dos servizos de anatomía patolóxica, cardioloxía e rehabilitación.
“Lonxe da imaxe que algúns pretenden dar os doentes serán os grandes beneficiados da actualización da lei. Así o demostra a realidade dos feitos. Coa xestión integrada hai máis e mellores servizos sanitarios no Hospital da Burela, que sigue avanzando pois non debemos esquecernos está en plena ampliación”- conclúe Balseiro.
Novo distrito sanitario co hospital da Costa como referencia
Balseiro ratificou o compromiso do Goberno galego co Hospital da Costa e insistiu en que coa reforma “non se perde nin autonomía, nin capacidade de decisión, nin se recortan ningún servizo, senón todo o contrario”.
De feito, sobre o futuro mapa sanitario quixo aclarar que a Lei creará o distrito sanitario da Mariña e consolidará o papel do hospital de Burela como centro de referencia do norte da provincia de Lugo.
“O Hospital da Costa seguirá a ser o marco de referencia para a dirección e coordinación de todos os centros de saúde (os de atención primaria), do propio hospital e da atención sociosanitaria”. “De feito –insistiu Balseiro- trátase dunha reforma da estrutura administrativa que non altera, en ningún caso, nin o médico nin o hospital, pois mantense o que hoxe teñen asignados aos pacientes”
Melloras para o persoal, na transparencia e participación social
O delegado territorial explicou tamén que a nova Lei non só traerá vantaxes para a veciñanza e os doentes senón para o conxunto do persoal sanitario. E nesa liña indicou que a futura norma non altera en ningún caso o actual sistema de contratación temporal xa que os profesionais poderán anotarse nas listas dunha das sete áreas que haberá en Galicia e expresar a súa preferencia por un distrito sanitario concreto.
Por outra banda o delegado territorial defendeu que o anteproxecto de Lei cumpre ao máximo coas garantías de transparencia e participación. E de feito lembrou que o texto do anteproxecto se comunicou a todos os sindicatos o mesmo día que se publicaba no portal de transparencia e ampliouse o prazo para a presentación de suxestións.
Respecta o debate
Para Balseiro todo debate sobre a futura lei é enriquecedor e polo tanto son benvidas as achegas que contribúan a mellora a sanidade e nesa liña enmarca as reunións mantidas cos colexios profesionais, cos alcaldes e portavoces municipais. Con todo insiste en que se faga con responsabilidade e en base a argumentos reais sobre o futuro mapa sanitario e “non falando de desmantelamento que ademais de incerto, xa se demostrou que é un disparate”
Dixo tamén que para que a participación sexa unha folla de ruta constante se crearán os consellos de saúde, como mínimo un autonómico e un por cada unha das áreas sanitarias nos que estarán representados os concellos, sindicatos e organizacións empresariais e tamén –como novidade- os propios pacientes.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



