Ribadeo, 31 de agosto de 2017. A Vinoteca Ultramarinos Fumarel de Ribadeo está a elaborar un viño propio, xunto ao prestixioso enólogo Roberto Regal, dun viñedo situado na Ribeira Sacra. Na vindeira primavera poderán degustarse estes caldos creados dentro dun proxecto de viticultura sostible.
O propietario de Fumarel e promotor desta iniciativa, Gervasio Cao, explica que os viñedos dos que van saír os seus viños están “na zona da ribeira do Miño desde Taboada a Chantada, que é espectacular. Con motivo de que comprei a este enólogo dous viños seus para vender no noso local, convidoume a ir a bodega e quedei moi sorprendido. Este rapaz pretende recuperar esa zona, onde os propietarios son o 90 por cento particulares, colleu unha adega e está levando a xestión de varios viñedos, ademais de facer os seus propios viños”.
Cao engadiu que “é un proxecto que pretende recuperar aquela zona e ademais este enólogo non utiliza tratamentos abrasivos, polo que realmente é unha iniciativa moi atractiva e interesante. Por outra parte eu detectei, polos viños del, que é unha zona que ten moito que dicir e que existía a posibilidade de facer algo con el. O primeiro paso que dimos, que espero que vaia a máis nun futuro inmediato, foi elaborar os viños propios para min. Pretendo investir o que a min me custa o mencía que compraba en calidade”.
O propietario de Fumarel salienta que “Roberto Regal é un home que controla moito disto e é moi honesto no tratamento do viño. E así xurde este primeiro proxecto, que é facer dous tipos de viño: en torno a 300 botellas dun viño de finca e ademais un mencía máis normal, para chateo, do que se elaborarán en torno a 1.500 ou 2.000 botellas. Estiven hai poucos días nos viñedos, están moi ben atendidos e tratados, pero estou preocupado por como poden afectarlles as choivas, aínda que espero que non danen a idea inicial do proxecto en canto a alcohol, etcétera. Creo que a recolleita se vai precipitar con esta auga que caeu, porque a vendima estaba prevista para a primeira quincena de setembro, pero hai que ver que pasa agora”.
Gervasio Cao espera que este viño xa se poida degustar “en marzo ou abril do ano que ven, porque é un viño que vai ter un proceso de maceración en barrica de aceiro e non creo que saia antes”.
Respecto ao nome, Cao di que “isto xurdiu en xullo e en agosto non tivemos tempo para pararnos a pensar no nome, pero é probable que se chame Fumarel. O que si está claro é que o obxectivo é facer un viño de calidade para poder satisfacer esa demanda que hai de mencía cun viño propio, que creo que lle pode dar un valor engadido importante e ademais ao mesmo prezo doutro viño. Eu pretendo investir o mesmo pero tamén vou cobrar o mesmo. O mencía para chateo deste novo viño propio do Fumarel vaise vender a 2 euros a copa, igual que se está vendendo agora mesmo o mencía que teño no local”.
Gervasio Cao pretende “ir a vendimar, porque todos temos moitas ganas de participar no proxecto. Non puiden ir á poda pero isto xérame moita ilusión, independentemente de cuestións económicas, e fágoo porque me parece un proxecto precioso. Se podo facer máis cousas no futuro con Roberto estaría encantado”.
Pola súa banda Roberto Regal explicou: “son de Chantada, enólogo de formación, consultor de bodegas desde hai dezasete anos e nos últimos nove levo dedicándome a facer cultivos de viñedo en ecolóxico ou en sostible na Ribeira Sacra ben en fincas privadas ou que alugamos; facemos viños de finca, viños personalizados, que é o que estamos facendo neste caso con Gervasio Cao, do Fumarel”.
Roberto Regal subliña que “isto non é facer un viño por para senón que consiste primeiro en coidar a cepa, o medio ambiente, e en dignificar a viticultura. Na nosa empresa traballamos con xente nova, formada, e facemos todos os viños de xeito individual. Se as fincas son privadas cóbrase un servizo de viticultura, logo un servizo de verificación, e despois o deseño de cada un. Son todo pequenas fincas, entre 300 e 8.000 metros, e cada viño é singular. En moitos casos non creamos nós o viño senón que somos titores ou un pouco quen custodiamos a intervención en adega e axudamos a crear o viño a outras persoas”.
Roberto Regal explica que “o proxecto chámase Enatur e ten tres piares fundamentais: o primeiro é preservar o medio ambiente; o segundo, dinamizar a economía da comarca; e o terceiro, e o máis importante, dignificar o traballo do agricultor, neste caso do viticultor”.
O enólogo sinala que “está moi de moda facer viños por para ou entregarlles as uvas a adegas para que fagan un viño por para, pero aquí non facemos viños por para senón que coidamos as cepas e logo trasladámolas á adega. Facémolo dun xeito sostible para enófilos, para xente que lle gusta moito o mundo do viño, para outros enólogos, para adegueiros, para sumilleres, para grupos de amigos, familias, etcétera”
Roberto Regal detalla que “o proceso xa comezou no mes de xaneiro, coa poda, e seguiu durante os meses de inverno, con outros labores do viñedo, e tamén na primavera, que é cando máis se intensifica o traballo na viticultura. Agora estamos na metade, a punto de vendimar. Esa é a primeira fase dende que empezamos a poda, todo un proceso de viticultura, estando na viña, tratando de entendela, de elixir as condicións axeitadas, loitando contra factores, como está sucedendo estes días cos granizos, e, sobre todo, buscando unha data límite para vendimar porque á uva hai que levala sempre ao límite para que vaia á adega a mellor materia prima. Aí empeza o proceso de meter as uvas nas cubas con distintos métodos, e comeza a fermentación alcohólica, a transformación da glucosa de frutosa en alcohol. Despois hai unha segunda fermentación e o descanso durante o inverno ata ser embotellado, cando cada viño é vestido coa súa etiqueta, a maior parte dentro da denominación de orixe Ribeira Sacra, e cada un procedente da súa finca”.
Regal declara que “son viños que non se personalizan na adega en base a repartir unha cuba en varias barricas, senón que se personalizan máis dun ano antes de entregarllo ao seu promotor, propietario, creador ou cocreador, como é neste caso Gervasio Cao, do Fumarel. É un proceso longo que nós entendemos buscando a calidade e a sostibilidade”.



















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



