Burela, 31 de agosto de 2017. O Concello tivo que renunciar á subvención para contar cunha brigada de prevención de incendios. O alcalde, Alfredo Llano, explica que despois de tres convocatorias non foi posible atopar un coordinador para esta brigada, e subliña que hai poucos profesionais preparados para estes postos de traballo e para superar as probas físicas. O rexedor burelés lamenta que non fose posible poñer en marcha esta brigada e lembra as dificultades coas que xa se atopou o Concello o ano pasado.
Llano manifestou que “é un pesar, pero temos que renunciar á subvención para brigadistas que era un grupo de cinco persoas que estaría formado por tres peóns, un condutor máis un encargado para traballar durante tres meses na prevención de incendios no noso concello. Este ano tivemos a mala sorte de non poder atopar un encargado, unha persoa que ten que ser dunha titulación específica para que fose o xefe desta brigada, e polo tanto temos que renunciar, porque é imprescindible contar cun xefe de brigada”.
O alcalde de Burela explicou que “fixemos tres convocatorias a través do Concello. Fixemos a selección, pero por un lado hai poucos profesionais que agora mesmo se atopan en condicións de vir traballar a estas brigadas, e por outro hai unhas probas médicas e físicas que hai que facer para poder optar a estes postos de traballo porque se esixen que teñan unha certa formación física os membros destas brigadas”.
O rexedor subliñou que “despois de tres convocatorias e incluso de intentar conseguir un profesional a través de medios particulares ou a través de empresas, tampouco foi posible. Non temos máis remedio que comunicar esta decisión porque non hai outra solución. Foi unha pena non poder contar cun profesional para poder constituír a brigada”.
Alfredo Llano lembrou que “xa o ano pasado tivéramos bastantes dificultades sobre todo na proba de esforzo para poder culminar cun grupo, o ano pasado afectou máis ben aos peóns e este ano á contratación dun coordinador, e polo tanto ao noso pesar temos que prescindir desta brigada. Este ano non podemos facer este grupo e temos que renunciar á subvención”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



