Despois de conquistar a ferro e lume a cidade de Barcelona o 11 de setembro de 1714, o rei Felipe (V) de Borbón promulgou en xaneiro de 1716, baseado no seu dereito de conquista, o Decreto de Nova Planta, que suprimía as institucións catalás de autogoberno.
Neste outubro de 2017, o goberno de Felipe (VI) de Borbón aprobou unhas rigorosísimas medidas de suspensión da autonomía catalá. Unhas medidas que vulneran o propio artigo 155 da Constitución na que se basean (que permite medidas de intervención autonòmica, nunca de suspensión ou anulación autonómica) e, xa que logo, alicérzanse moito máis naquel dereito de conquista gañado polo Borbón de 1714 ca no pactado constitucionalmente no 1978.
Todo o Goberno catalán será cesado. O Goberno do Estado mandará directamente en Catalunya e dirixirá a Administración autonómica, quer dende Madrid, quer nomeando comisarios ou órganos “ad hoc”. O Presidente do Goberno do Estado asume a capacidade de disolver o Parlament. O control parlamentario da Generalitat trasládase ao Senado e a iniciativa lexislativa condiciónase ao veto do Goberno do Estado.
Suprímese, xa que logo, o autogoberno catalán. Para máis, non existe un tempo limitado para esta suspensión nin se fixou data electoral para xaneiro, como querían os socialistas. Hai quen agoira varios meses de delongada intervención para españolizar Catalunya.
Enric Juliana definiuno moi a xeito: preténdese castigar Catalunya e envíase unha mensaxe moi nidia a respecto de quen manda de verdade non só ao pobo catalán, senón ao conxunto da cidadanía do Estado. Como dín os socialdemócratas eslovenos “o sábado morreu a Europa xusta e libre”.
A ARRINCADEIRA. Nin houbo sedición nin é competente a Audiencia Nacional.
Non existiu sedición na conduta dos presidentes de Omnium Cultural e da ANC o 20 de setembro, por non existir violencia ningunha no seu comportamento. Canto máis poderían existir leves indicios de desordes públicas, delicto que non admite a prisión preventiva. Por outra banda, a Audiencia Nacional non é competente para axuizar a sedición, segundo o artigo 65.1 da Lei Orgánica do Poder Xudicial xa que a sedición non é un delicto cohtra a forma de Goberno, porque estes delictos desapareceron no Còdigo Penal de 1995. As vulneracións da legalidade por parte dos Poderes do Estado están a ser continuas.


















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



