Estrasburgo, 26 de Outubro de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), alerta de que a baixada dun 20% das posibilidades de pesca da xarda para o 2018 no Atlántico Nororiental suporá “unha seria ameaza para superviviencia da frota de artes menores galega que pesca esta especie nas costas do Atlántico e do Cantábrico”. Esta baixada é froito do acordo asinado o pasado 11 de outubro en Londres pola UE, Noruega e as Illas Feroe para a xestión da xarda e, malia que aínda está pendente o reparto da cota entre as frotas de cada Estado Membro, “comprobamos que a frota artesanal sae ano tras ano mal parada dunha distribución que beneficia ás frotas máis grandes”, lamentou a eurodeputada.
“Cun 20% menos de posibilidades totais de pesca para a xarda e tendo en conta que a frota de artes menores galega recibe moita menos cota para o caladoiro do Cantábrico malia ter máis barcos que o País Vasco, que mensaxe de futuro se lle está enviando ao sector artesanal?”, pregúntase a eurodeputada. “As artes menores teñen que ser prioritarias no reparto da cota da xarda, porque esta especie é vital para a súa supervivencia económica. Se baixan os totais admisibles de capturas (TACs) un 20% esa baixada non pode pagala a pesca artesanal”, considera a eurodeputada.
Senra lembra que o Artigo 17 do regulamento da Política Pesqueira Común (PPC) establece que para asignar as posibilidades de pesca os Estados membros teñen que aplicar “criterios transparentes e obxectivos, entre outros, o impacto da pesca no medio ambiente, a contribución na economía local, así como incentivar aos buques que usen artes de pesca selectivas”. Estas condicións cúmpreas sobradamente a pesca artesanal galega, sen embargo, “á hora de verdade as cotas estanse a repartir conforme a un criterio tan inxusto como os dereitos históricos, beneficiando ás grandes flotas industriais e ameazando a supervivencia das familias que viven da pesca e o futuro das comarcas costeiras do País”, criticou Senra. “E urxente traballar en propostas específicas para a pesca artesanal, de pequena escala e a pesca de baixo impacto, porque aplicarlle unha PPC diseñada a medida das grandes flotas solo trae como consecuencia a súa desaparición.”
Para a eurodeputada, o modelo actual de asignación de TACs e cotas non fai máis que consolidar “un modelo insostible que compromete o relevo xeracional e, polo tanto, o futuro do sector”, como xa defendeu en Bruxelas a principios deste ano no transcurso dunha xornada sobre as desigualdades na pesca e o impacto dos superarrastreiros e as pesquerías industriais no sector artesanal e de baixura organizada polo GUE/NGL, grupo político no que está integrada no Parlamento Europeo.
Á preocupación polo futuro reparto da cota de xarda para as artes menores súmase agora a incerteza á que se enfronta esta frota e, nomeadamente, o xeito, ante a recomendación do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES ) de que a sardiña ibérica xestionada polos estados español e portugués teña en 2018 “cota cero”.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



