A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto; o Alcalde de Palas de Rei, Pablo José Taboada Camoira; e o Comisario da mostra, Braulio Vilariño, inauguraron este domingo, na Sala de Exposicións do Castelo de Pambre, a mostra Esculturas e Pinturas de Lomarti, que estará exposta ata o 15 de xaneiro. A colección deste artista lucense está composta por 15 obras; 3 pinturas e 12 esculturas, que representan a relación do artista co medio natural. Lomarti é un artista mutidisciplinar (pintor, escultor, poeta, performer…) que posúe unhas fondas raíces agrarias, polo que en toda a súa obra hai un continuo diálogo coa terra e coa natureza.
O Castelo de Pambre acolle ata o 15 de xaneiro a mostra de esculturas e pinturas do artista lucense Lomarti
O Castelo de Pambre acolle ata o 15 de xaneiro a mostra de esculturas e pinturas do artista lucense Lomarti
Relacionado
-
Acisa Ribadeo celebra o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo