En Mondoñedo, a domingo 15 de outubro de 2017, ás doce horas e corenta e cinco minutos da mañá, reúnese no Seminario “Santa Catarina” de Mondoñedo o xurado do Premio Mondoñedo10 2017 modalidade Poesía, coa asistencia das seguintes persoas:
Presidente:
Don Antonio Reigosa Carreiras, Cronista oficial de Mondoñedo.
Vocais:
Don Francisco Fernández Rei, en representación da Real Academia Galega.
Dona Dolores Vilavedra Fernández, en representación do Consello da Cultura Galega.
Dona Mercedes Queixas Zas, en representación da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG).
Don Bieito Iglesias Araúxo, en representación do Pen Clube Galicia.
Don Henrique Alvarellos Casas, en representación da Asociación Galega de Editoras (AGE).
Don Xosé Antón Pedreira Mirás, en representación da Federación de Librarías de Galicia.
Don Armando Requeixo Cuba, en representación do concello de Mondoñedo. Intervén desde Barcelona por medios telemáticos.
Secretario:
Don Francisco Javier Bouso Bouso, designado pola organización.
1º) Atendendo aos puntos 2º e 3º das bases do Premio e despois das propostas realizadas polos membros do xurado decláranse Finalistas as seguintes obras:
01-Atravesar o fantasma. Carlos Callón, Edicións Xerais, 2014. ISBN 13: 978-84-9914-760-4
02-Carne de Leviatán. Chus Pato, Editorial Galaxia, 2013. ISBN 13: 978-84-9865-486-8
03-Celebración. Gonzalo Hermo, Apiario, 2014. ISBN 13: 978-84-943210-0-9
04-Cráter. Olga Novo, Toxosoutos, 2011. ISBN 13: 978-84-15400-04-2
05-Duración da penumbra. Miguel Anxo Fernán Vello, Centro PEN Galicia, Xunta de Galicia, Afundación, 2016. ISBN 13: 978-84-608-7971-8
06-Estirpe de sombras. Raida Rodríguez Mosquera, Editorial Barbantesa, 2014. ISBN 13: 978-84-940302-3-9
07-Estúrdiga materia. Luis González Tosar, Editorial Galaxia, 2008. ISBN 13: 978-84-9865-103-4
08-Eu violei o lobo feroz. Teresa Moure, Através Editora, 2013. ISBN 13: 978-84-87305-73-3
09-Hordas de escritura. Chus Pato, Edicións Xerais, 2008. ISBN 13: 978-84-9782-704-1
10-Leopardo son. Pilar Pallarés, Espiral Maior, 2011. ISBN 13: 978-84-92646-64-7
11-Os ángulos da brasa. Manuel Álvarez Torneiro, Kalandraka, 2011. ISBN 13: 978-84-15250-36-4
12-Profundidade de campo. Yolanda Castaño, Espiral Maior, 2007. ISBN 13:978-84-96475-59-5
13-Sextinario: trinta e seis + tres. Marica Campo, Sotelo Blanco, 2007. ISBN 13: 978-84-7824-527-7
2º) Despois das oportunas deliberacións, resultou gañadora por maioría a obra:
Hordas de escritura. Chus Pato, Edicións Xerais, 2008. ISBN 13: 978-84-9782-704-1
O xurado recoñece a importancia dunha obra con vocación experimental, con vontade de superar os límites da linguaxe poética convencional, transgredindo os xéneros literarios e que supón un paso adiante no proxecto de indagación das posibilidades da linguaxe poética que a autora desenvolve. Chus Pato intenta artellar un discurso de colectividade na liña da poesía moderna escapando do suxeito lírico individual.
Finalizada a reunión, levántase acta coa conformidade dos presentes, sendo as 13:51horas do día arriba indicado.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



