Lugo, 26 de outubro de 2017. A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, participou este xoves na tradicional campaña de información que organiza anualmente a Asociación de Dano Cerebral Sobrevido/Adquirido de Lugo, con motivo do Día Mundial de Dano Cerebral Adquirido, que se celebra o 26 de outubro. Este ano, o obxectivo desta campaña é visibilizar ás máis de 35.000 persoas con esta doenza en Galicia, coa instalación de 6 mesas informativas, distribuídas por toda a provincia. En concreto, están no HULA (Hospital Universitario de Lugo), no Hospital da Costa de Burela, no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, no Centro Comercial As Termas, no Concello de Lugo e na Deputación.
O Executivo Provincial colabora con este colectivo, non só situando unha destas mesas no Pazo de San Marcos, senón tamén con achegas económicas de xeito anual. En efecto, este ano, o Goberno da Deputación destinou 12.000 euros a ADACE Lugo para os gastos de funcionamento do Centro de Día que posúen na capital lucense. Actualmente, este servizo presta atención a 20 usuarios de toda provincia, en quendas de 4 horas, de mañá e tarde. Ademais deste prestación, a asociación realiza diferentes actividades e obradoiros ao longo de ano, como o de psicomotricidade, estimulación cognitiva, terapia ocupacional ou rehabilitación, entre outros moitos.
López Izquierdo subliñou que “as dúas causas principais de Dano Cerebral Adquirido son os ictus e os traumatismos cranioencefálicos. Gran parte dos danos cerebrais poderían evitarse tendo en conta os seus factores de risco e tomando medidas preventivas. Previr o ictus pasa por adoptar hábitos de vida saudables que eviten factores de risco como a tensión, a obesidade ou a hipertensión. O 70% dos traumatismos cranioencefálicos que provocan dano cerebral son consecuencia de accidentes de tráfico, dos que gran parte teñen causas relacionadas co exceso de velocidade e a condución baixo os efectos do alcol ou as drogas. Estímase que cada ano rexístranse ao redor de 100.000 casos novos en España, con este datos, é fundamental que todas as institucións colaboremos na súa prevención e investigación, sobre todo as que teñen competencias directas neste eido.”
ADACE
ADACE é unha asociación sen ánimo de lucro, de ámbito provincial, formada por persoas afectadas de dano cerebral sobrevido (DCS), as súas familias e outros colaboradores. Entre os seus obxectivos están promover a acollida, información, orientación e asesoramento a familiares e afectados de dano cerebral sobrevido; así como sensibilizar ás institucións públicas e á sociedade en xeral sobre a problemática do afectado de DCS e das súas familias. Actualmente atende a 35 persoas de toda a provincia con esta doenza.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



