Lugo, 19 de outubro de 2017. O Goberno da Deputación destina 30.000 euros á atención de lucenses con cancro a través dos colectivos da provincia, que son a Asociación Española contra el Cáncer e Somos Unidos por el Cáncer. Esta axuda permitiu, no último ano, ofrecer atención psicolóxica e social a 3.000 lucenses con esta enfermidade, así como levar a cabo campañas de concienciación, prevención e voluntariado; ademais de pór a disposición das familias un piso de acollida na capital lucense no que pernoitar ou descansar durante a súa estancia en Lugo con motivo do tratamento que reciben no HULA.
A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo puxo en valor este xoves, Día Internacional Contra o Cancro de Mama, o traballo que desenvolven ditos colectivos. López Izquierdo subliñou que “debemos insistir na importancia de que as administracións coas competencias na materia, que son a Xunta e o Goberno Central, potencien accións de prevención, detención precoz e tratamentos para combater esta enfermidade. 1 de cada 8 mulleres podemos padecela. Coas medidas axeitadas, pódense reducir os casos de mortalidade nun 20%. Dende o Goberno da Deputación estamos comprometidos con esta causa. Por iso, contribuímos á importante labor que desenvolven os colectivos da nosa provincia”.
Mama Mía! Outras miradas ao cancro de mama
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e á Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, inaugurou este xoves Mama Mía! Outras miradas ao cancro de mama. É a exposición que o Goberno Provincial leva ao Refectorio do Museo de Lugo dende hoxe e ata o 26 de novembro, que visibilizar á realidade de mulleres que sofren esta enfermidade. Faino a través das 44 fotografías que a artista Alex F. Romero realizou a doentes de cancro da unidade de mama do Hospital da Coruña durante o seu tratamento de quimioterapia. Con ela, búscase, ademais, proxectar e reivindicar o optimismo e a feminidade durante a enfermidade, facendo, deste xeito, un chamamento á normalidade e á comprensión. O horario para visitar a exposición é de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas, sábados de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta.
Pazo de San Marcos tinguido de rosa
O Goberno da Deputación tingue este xoves de rosa a fachada do Pazo de San Marcos para promover a loita contra o cancro de mama.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



