Lugo, 21 de outubro de 2017. O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, o Presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias; o vogal de Literatura de tradición oral de dita asociación, Antonio Reigosa; e o Coordinador da xornada, Isidro Novo, inauguraron este sábado, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a X Xornada de Literatura de Tradición Oral, Palabras con memoria. Trátase da cita cultural, que contou coa participación de reputados expertos na materia, na que se fixo fincapé nas palabras con memoria, sobre todo no eido da toponimia, onomástica, lexicografía ou fraseoloxía. Con esta xornada, o que se busca é recuperar palabras nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción, do idioma galego; así como aquelas palabras e expresións que non recollen os dicionarios.
Esta actividade está enmarcada dentro da colaboración de 20.000 euros do Executivo Provincial coa Asociación de Escritores en Lingua Galega, para promocionar e impulsar o uso do galego, facendo fincapé na promoción dos escritores, así como da súa produción literaria.
Santos Ramos subliñou que “dende o Goberno da Deputación colaboramos con este tipo de iniciativas, dentro da nosa aposta por fomentar o uso da lingua galega, que é o signo de identidade común que nos vencella a todos os habitantes do país, ao tempo que apoiamos e impulsamos un sector tan importante na nosa economía como é o literario.”
O Deputado de Relacións Institucionais lembrou que “a edición de libros en galego baixou nun 13,1% durante o 2016, unha caída que contrasta co bo momento que viven o español, o catalán e o vasco, que aumentaron. Ademais, no que a produción se refire, o Galego baixou nun 48%. Con este datos, dende o Executivo Provincial comprometémonos a seguir colaborando con este colectivo, a pesares de non ter as competencias directas nesta materia, co obxectivo de manter a amplísima riqueza literaria coa que contamos no noso país”.
Programación
Na X Xornada de Literatura de Tradición Oral, Palabras con memoria participaron reputados expertos na materia como Xulia Marqués Valea; Gonzalo Navaza; Isidro Novo; Mª Rosario Soto Arias; Xesús Antón Gulías ou Marcos Escudero, entre outros. A programación é a seguinte:
Mañá
10:15 horas.- Recepción, entrega de material e inauguración
10:30-11:30 horas.- Conferencia: Os sinais de identidade na tradición oral: breve achegamento dende o sistema antroponímico galego, a cargo de Xulia Marqués Valea
11:30-12:30 horas.- Conferencia: Orfanato para ágrafas: Palabras ao ventimperio, a cargo de Isidro Novo
12:30-14:00 horas.- Mesa redonda: Saber o seu nome sen perder a súa voz, coa participación de Xulia Marqués Valea, Isidro Novo e Antonio Reigosa
Tarde
16:00-17:00 horas.- Conferencia: Presenza de valores antropolóxicos, etnográficos e míticos na fraseoloxía, a cargo de Rosario Soto Arias
17:00-18:00 horas.- Conferencia: Toponimia e lendas, a cargo de Gonzalo Navaza
18:00-19:30 horas.- Mesa redonda: O abecé do noso ADN simbólico-cultural, coa participación de Rosario Soto Arias, Gonzalo Navaza e Isidro Novo
19:30-20:30 horas.- Sesión práctica: Palabras con misterio: O Latín dos canteiros
Faladoiro co investigador Xesús Antón Gulías, e cos canteiro Marcos Escudero, Xabier Quijada e Faustino Santiago Lema.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



