Viveiro 14-12-17. A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro segue enchendo as ruas de ambiente navideño, un montón de actividades e miles de premios.
Xa apareceron moitos dos premiados dos Rasca e Gaña con 3.000€ en premios directos, Paraugas, Tratamentos de beleza, Ceas, xamóns, Surtidos de queixos, Cofres Vip, Sesions de peluquería e estética, entradas de cine e Rascas con 5€ de desconto a canxear cas compras nos negocios asociados.
Dende o luns 18, cas compras realizadas nos comercios asociados repartiranse as papeletas para entrar no sorteo de 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, serán 100€ ó mes durante 1 ano para cada un dos 3 agraciados. O sorteo realizarase o 4 de xaneiro do 2018 ás 20:30 horas na Praza Maior de Viveiro.
Este venres 15 iniciarase a montaxe da “Casita de Papá Noel” instalada na Praza Maior en colaboración có Concello de Viveiro, o domingo 17 inaugurarase ás 18:00 horas e estará o resto da seman dende as 17:30 ata as 20:30 da tarde.
O domingo 17 pola tarde haberá “Choconoelada” ca chegada de Papá Noel á “Casita” instalada na Praza Maior, os locais de hostalería asociados ofrecerán chocolate con churros por 1,5€. Serán Arume Gastrobar, Asador A Quinta, Bar A Plaza, Mesón O Recuncho, Restaurante Esmorga, Mesón A Ria, Restaurante Casa Pepi, Cornelius Taberna Gastronómica, Restaurante O Muro e Cervecería A Resaca.
O día 24 o comercio abrirá sus puertas en horario de mañá e tarde para que os clientes poidan realizar as suas compras no comercio local, sin ter necesidade de desplazarse.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



