Ribadeo, 21 de marzo de 2018. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Semana Santa o mércores 28 de marzo. Esta actuación terá lugar na igrexa parroquial de Santa María do Campo ás 20:45 horas e nela a Banda interpretará por vez primeira sete obras relacionadas coa Semana Santa e debutará un novo músico. Ademais é o primeiro concerto para a nova xunta directiva da Asociación Amadores da Música, que agora preside Elisa Álvarez Amor.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, anuncia que “o mércores 28 de marzo terá lugar o tradicional concerto de Semana Santa a cargo da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano retomamos o que anos atrás facíamos neste concerto, que era tocar na igrexa parroquial; así que será ese día 28 de marzo na igrexa parroquial ás nove menos cuarto da tarde. Neste concerto teremos a incorporación dun novo músico, un clarinetista, Ramón López, máis coñecido como Moncho”.
David Ballester explica que “o repertorio que se vai interpretar está relacionado, obviamente, coa Semana Santa; serán obras lentas e marchas procesionais, que penso que van ser do agrado do público asistente. Das oito obras sete serán tocadas por primeira vez pola Banda Municipal de Ribadeo, o cal creo que é unha marca de que as cousas se poden facer e poden facerse ben”.
Ballester quere “invitar á xente a que o mércores 28 de marzo ás nove menos cuarto da tarde se achegue pola igrexa parroquial de Santa María do Campo a disfrutar no concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.
O director da Banda sinala que “xa que volvemos tocar na igrexa queremos, desde a Banda e a Asociación de Amadores da Música, agradecer a colaboración para poder facer este concerto á igrexa de Ribadeo e aos curas”.
Nova directiva de Amadores da Música
Este será o primeiro concerto da Banda de Ribadeo para a nova xunta directiva da asociación Amadores da Música, que foi elixida nunha asemblea celebrada o día 10 deste mes. A presidenta é Elisa Álvarez Amor; o vicepresidente, José María Suárez García; o tesoureiro, José Ángel Bolaño Penelo; o secretario, Javier Ginés Abellán Torralba; e os vocais son David Ballester Martínez, Laura Izquierdo Rodríguez, Alberto Clemente Avilés, Alberte Chao Penabad e Diego Vizoso Castro.
A nova presidenta de Amadores da Música explicou que o seu principal obxectivo é “o mantemento da Banda, tanto no aspecto económico como no social. Persoalmente o que máis me motiva é o aspecto social, refírome ós músicos e ó público, que nos é sempre fiel. Pola miña parte merece a pena esta ardua labor polo feito de apoiar ós músicos, sobre todo tendo en conta que a maioría son rapaces e rapazas que gastan moito do seu tempo ensaiando duramente. Por iso está directiva quere organizar unha viaxe de convivencia para os músicos e os seus pais, que tamén se merecen o noso recoñecemento. Esperamos poder sacar adiante esta iniciativa”.
Elisa Álvarez Amor engadiu: “anímame tamén serlles de axuda a David Ballester, primeiro director, e a Rubén Solloso, segundo director, porque fixeron un gran labor cos talleres para captar músicos para a canteira da Banda, que foron un gran éxito”.
A nova presidenta rematou comentando que espera “estar á altura do cargo. Pola miña parte farei todo o posible, como levo facendo desde hai moito tempo”.























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



