Viveiro 15-3-18. O Centro de Información ás Mulleres e a Delegación Municipal de Muller do Concello de Viveiro
INFORMA
Do Acto de entrega de premios correspondentes aos Concursos de:
FOTOGRAFÍA AMATEUR “TRABALLOS E MULLERES”, sendo xurado José María Álvez (fotógrafo de El Progreso), Pepa Losada (fotógrafa de La Voz de Galicia), Saúl Jiménez (fotógrafo Carlos Fotógrafos) e Toño Goás (fotógrafo de Toño Goás – Entrefotos) resultando premiados:
1º premio.- DAVID CABALLERO FRANCO
2º premio.- PACO LÓPEZ LÓPEZ
3º premio.- DIEGO COSTA RAMOS
DEBUXO ESCOLAR “MAMÁ TRABALLADORA”, sendo xurado Mª Carmen Franco (concelleira Educación), Oliva Díaz Mejuto (artista local) e Margarita Fernández (directora CIM Viveiro), resultando premiados/as:
3º E.P.- LAURA CERRA FERNÁNDEZ (CPR Landro)
4º E.P.- ALBA TORRES LÓPEZ (CEP Lois Tobío)
5º E.P.- IVÁN LÓPEZ RÍO (CPR Landro)
6º E.P.- FÁTIMA VALENTINA SESAR MOREIRAS (CPR Landro)
convocados pola Delegación Municipal de Muller e o Centro de Información ás Mulleres de Viveiro con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller
DÍA: DOMINGO, 18 de marzo de 2018
HORA: 18:00 horas
LUGAR: Sala Multiusos do Concello de Viveiro




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



