A Mariña, 16 de Marzo de 2018. O paciente ,que xa padece unha enfermidade arterial severa , precisa ser visto na consulta de cirurxía vascular no HULA para descartar unha obstrucción nas arterias carótidas,patoloxía que de confirmarse sería catalogada como grave. Antes de acudir á consulta de vascular precisa facer unha resonancia que foi pedida como preferente o día 15 de decembro de 2017.
O pasado mes de febreiro contacta coa Plataforma porque nesas datas ainda non o chamaran para facer esa proba preferente e presenta unha reclamación o día 26 de febreiro de 2018 con número de rexistro 404. ”Paréceme unha irresponsabilidade por parte da xerencia e da xestión das listas de agarda levar agardando 3 meses por unha proba preferente para confirmar se teño obstruídas as carótidas,enfermidade que é grave e que podería traer consecuencias importantantes para a miña vida e supervivencia”- manifesta o doente.
O paciente ante esta absoluta falta de previsión nos tempos de agarda por parte da xerencia e a incompetencia da mesma, anuncia que tomará as medidas legais oprtunas e que fai responsable á mesma de todo canto lle poidera ocurrir desde a presentación da reclamación.” Necesito ir á consulta de vascular porque o problema que teño nas arterias é grave, teño medo de que me pase algo porque non estamos a falar dunha enfermidade leve, e mentras non teña feita a resonancia non me chaman para ir á consulta.Esperemos que isto non teña consecuencias para a miña saúde ou calidade de vida”- conclúe o paciente desesperado e atemorizado.
A Plataforma Sanitaria ve nas actuacións da dirección do centro sobre as listas de agarda un modus operandi establecido desde hai un tempo para desacreditar o sistema público sanitario e facilitar a desviación a centros privados.” Non se trata de envíos puntuais de pacientes cara a centros privados como aseguraba o xerente do HULA nunha entrevista na radio. Estamos a ver desviacións masivas de pacientes a facer probas diagnósticas ou procedementos cirúrxicos perfectamente asumibles polo Hospital da Costa, cara a centros privados que presionan ao goberno da Xunta para que xestione derivacións de forma xenérica “- declaran representantes da Plataforma Sanitaria.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



