Foz, 21 de marzo de 2018. No Concello de Foz celebraranse este mércores, e o venres reunións da xunta de portavoces co obxectivo de negociar asuntos importantes para o municipio. Na desta xornada abordaranse cuestións de carácter urbanístico como a taxación do solar que hai fronte á Casa da Cultura, o inventario de camiños públicos (pendente de resolver as alegacións presentadas) e o borrador do inventariado de bens públicos, entre outros asuntos. E na convocada para o venres a empresa Eptisa presentará o informe sobre cal é a mellor xestión do ciclo da auga en Foz.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que “esta semana haberá dúas reunións da xunta de portavoces. A de hoxe será máis ben técnica, asociada a temas urbanísticos, onde abordaremos con todos os grupos da corporación o informe que hai, a taxación que se fixo, o estudo e a valoración do solar que hai diante da Casa da Cultura, tal e como pedía o Bloque Nacionalista Galego, posto que xa está feita esa taxación. Valoraremos tamén o inventario de camiños públicos, que está practicamente rematado; só queda resolver as 50 alegacións que había presentadas no seu momento, trataremos de desenvolvelas durante o día de hoxe para analizalas todas. Ademais abordaremos o borrador do inventario de bens públicos, que tamén está realizando o Concello de Foz, para tratar de ter inventariadas e documentadas todas as propiedades municipais, o que a día de hoxe non existe. Xa está contratada unha empresa que o está realizando, pero é ben certo que necesitamos a opinión de todos os grupos”.
Javier Castiñeira sinala que “para rematar a xuntanza de hoxe abordaremos a afección do plan básico da Xunta que pode afectar a núcleos urbanisticamente e mentres non se resolva o Plan Xeral loxicamente será case a día de hoxe a documentación urbanística que se poida ter”.
O rexedor municipal explicou ademais que “a do venres tamén será unha reunión importante dos portavoces, na que técnicos de Eptisa nos presentarán o informe e nos darán os resultados sobre cal é a mellor xestión do ciclo da auga en Foz. Se seguimos cunha concesión e a sacamos a concurso público, como toca xa ao ter caducado a concesión actual con Gestagua, ou, como di o BNG e propón tamén o Partido Socialista, municipalizar o servizo e cambiar completamente de xestión. Para iso encargamos un informe a unha empresa que entende disto e imos ver o que nos presenta; a partir de aí tomaremos decisións. O que si temos claro é que para nós a opinión dos técnicos é fundamental e polo tanto estamos esperando cal é a decisión”.
Castiñeira rematou comentando que “é unha semana intensa, retomando todos estes asuntos pendentes e esperando que dean o seu froito e proximamente poidamos avanzar nesas cuestións”.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



