No IES de Foz tivo lugar a entrega de premios do Concurso de receitas de petiscos organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro en colaboración co Departamento de Hostalaría. O gañador foi Iván Varela, alumno do segundo curso de Dirección de Cociña. Os organizadores explicaron que “a convocatoria buscaba un xeito de representar no gastronómico a pluralidade cultural, poñer en valor o produto local e de tempada, promover o uso do idioma galego nas receitas e visibilizar a creatividade e talento culinario do alumnado de Hostalaría do centro. O xurado do concurso, que agradece a participación, en especial a Laura Naveira Pérez, decidiu por unanimidade premiar o excelente traballo, chamado Canelón de filloa e lacón con escuma de queixo Arzúa-Ulloa e pasto de verza do alumno, de 2º DIRCO Iván Varela. Moitos parabéns”.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



