Viveiro 23-3-18. Dª María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro, INFORMA QUE
En 2010 a Unión Europea esixiu o saneamento da ría de Viveiro e a Xunta de Galicia anunciou en 2011 que esta actuación estaría executada en 2015, cunha inversión de 5 millóns de euros. En 2016, un ano despois da data prometida, a Xunta indicou que esta obra estaría rematada en 2019, resultando novamente un prazo que, previsiblemente, tampouco se vai cumprir.
Esta actuación, cunha inversión de tres millóns de euros, inclúe unha estación de bombeo en Celeiro, un depósito de retención e pretratamento, a optimización da depuradora e a instalación dun emisario submarino de 858 metros, resultando esencial para Viveiro.
Hai unhas semanas, a prensa local recollía as declaracións da Xunta de Galicia con respecto ao saneamento da ría de Viveiro, indicando que están pendentes da concesión da autorización para a ocupación do dominio público marítimo-terrestre por parte de Costas; sinalaban, ademais, que esa autorización é imprescindible para que Augas de Galicia poida licitar as obras e que dende a Consellería de Medio Ambiente están buscando a forma de desbloquear a situación e poder iniciar esta actuación canto antes.
Preocupados pola situación, dende o concello remitimos un escrito a Costas solicitando información ao respecto; dende ese organismo explicousenos que, en abril de 2017, solicitaran a Augas de Galicia a documentación necesaria para continuar coa tramitación da concesión, indicando que esa documentación aínda non lles fora remitida. Esa documentación é relativa a tramitacións ambientais do proxecto.
Casualmente e tras contactar telefonicamente coa ÁRea de Vertidos de Augas de Galicia, poucos días despois chegou a este concello un escrito indicando que debía ser esta administración quen realizara as tramitacións ambientais do proxecto que, en abril de 2017, Costas requirira a Augas de Galicia.
Ante este escrito, o Concello púxose en contacto coa Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental da Consellería de Medioambiente e Infraestruturas, órgano medioambiental competente na materia, para iniciar a tramitación que Augas de Galicia nos acababa de solicitar. Por parte desa Subdirección comunicousenos que esa xestión xa fora realizada por Augas de Galicia no mes de maio de 2017 e que, con data 28 de agosto de 2017, o Subdirector Xeral de Avaliación emite informe dando resposta ao requerido por Augas de Galicia.
Ante esta situación, o Concello de Viveiro solicita copia dese informe para non ralentizar máis os prazos, xa que a resposta será a mesma que a que se deu a Augas de Galicia. Neste punto da tramitación, co fin de avanzar neste tema, puxémonos en contacto con Jaime de Olano Vela para explicarlle a situación, co fin de que averiguara cál era o motivo deste bloqueo e interceder co fin de axilizar, o máximo posible, o inicio desta actuación. Esta é unha mostra da forma de traballar deste goberno, que prioriza os intereses dos veciños por riba no interés político.
Tras examinar o escrito que no seu momento a Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental enviara a Augas de Galicia, chegamos á conclusión de que este concello non está en condicións de tramitar esa valoración, xa que este concello non dispón da documentación e información que se require.
Ante este desconcerto, que está a motivar un grave retraso na execución desta actuación, en data 16 de marzo de 2018, este concello remitiu un novo escrito a Augas de Galicia relatando os feitos antes descritos e solicitando que se nos indicara dunha forma clara e concisa os trámites que este concello ten que realizar para continuar a tramitación da autorización de vertidos da EDAR de Viveiro, que este concello empezou a tramitar en 2014.
Quero deixar claro que o saneamento da ría de Viveiro é unha prioridade para este concello e que levamos anos traballando neste asunto. Considero que os veciños deben coñecer esta información; en moitas ocasións, dende este equipo de goberno apostamos pola fórmula do diálogo, da comunicación; cando xurde un problema, procuramos poñernos en contacto coa administración que corresponda; en moitos casos, evitamos acudir aos medios de comunicación para denunciar certos feitos, considerando que pode entorpecer as tramitacións, buscando sempre o beneficio da veciñanza; pero chega o momento no que é necesario deixar claro os trámites que dende o concello se veñen realizando.
Quero deixar claro, ademais, polo que respecta a este expediente, que o concello fixo todo o que se lle indicou e que é o primeiro sorprendido con este cruce de acusacións. Sabemos que o proxecto para executar esta actuación xa está en redacción e que a empresa que se está encargando destes traballos está en contacto cos técnicos municipais para ir axilizando todos os trámites e pasos posibles. Non temos constancia de que a demora se deba, en ningún caso, ao Concello de Viveiro. No día de hoxe intentamos contactar co Director de Augas de Galicia para aclarar esta situación, non sendo posible falar con el; intentaremos poñernos en contacto con el á maior brevidade posible, para aclarar esta situación e de paso, tamén, coñecer en que punto se atopa a tramitación do informe de Augas de Galicia ao PXOM de Viveiro, solicitada hai xa dous anos e aínda pendiente.




















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



