Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, o Presidente Socialista da Deputación de Lugo e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, os Rexedores do PSOE de Viveiro, María Loureiro García; Burela, Alfredo Llano García; Trabada, Mayra García Bermúdez; Ourol, José Luís Pajón Camba; Alfoz, Jorge Val Díaz; O Valadouro, Edmundo Maseda Maseda; Lourenzá, Rocío López García; Monforte de Lemos, José Tomé Roca; e Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela Vega; así como a Secretaria de Benestar da Executiva Provincial Socialista e Concelleira viveirense, Isabel Rodríguez López, trasladáronse este martes a Santiago de Compostela xunto a un cento de veciños da provincia con motivo do debate no Parlamento galego da reforma da Lei de Saúde do Partido Popular.
Xuntos, ás 09:30 da mañá, concentráronse diante da Cámara galega para demandar, unha vez máis, pois fixérono en múltiples ocasións nos últimos meses, a retirada do proxecto sanitario do PP. As protestas, que se prolongaron durante todo o debate que presenciaron os socialistas, non impediron que o Partido Popular rexeitase a totalidade de emendas presentadas e impuxese a súa reforma a Lei de Saúde, aprobándoa en solitario. Esta supón a desaparición das áreas sanitarias na provincia de Lugo.
Feijóo non vai ao Parlamento e o Conselleiro non comparece
Santos Ramos destacou que “o Partido Popular acaba de enterrar as áreas sanitarias da Mariña e Lemos nunha sesión no Parlamento galego á que nin se presentou Feijóo, na que tamén faltaba máis da metade dos representantes do PP que integran o Goberno galego e na que non tivo o valor de comparecer o propio Conselleiro de Sanidade”.
“Con esta imposición, o Partido Popular deixa aos hospitais de Burela e Monforte de Lemos sen autonomía e sen capacidade financeira propia para decidir sobre os seus investimentos ou sobre a dotación de equipamentos e recursos sanitarios para poder prestar unha atención sanitaria pública e de calidade a 70.000 veciños da Mariña e 60.000 da zona Sur lucenses. As decisións sobre a atención sanitaria pública na Mariña e en Lemos tomaranse agora en Santiago ou, no mellor dos casos, na cidade de Lugo, é dicir, sen un verdadeiro e real coñecemento das necesidades. Esta imposición é un claro ataque do PP á nosa provincia e un novo desprezo aos lucenses, pois os populares desfanse das áreas sanitarias da Mariña e Lemos, pero non da de Ferrol por exemplo que está a media hora da Coruña, conseguindo que un veciño do Vicedo ou de Sober teñan agora a súa área sanitaria a máis de hora e media do seu Concello”, remarcou.
Santos Ramos destacou que “a proposta do PSOE era a máis consistente: garantir servizos mínimos, definindo un plan de prestacións obrigatorias en todos os hospitais para garantir a todos os veciños o acceso a unha sanidade pública igual e de calidade. Pero o PP non quere que isto sexa así porque ten categorías entre cidadáns e aposta, claramente, pola sanidade privada. Agora quedamos ao albor das decisións que se tomen lonxe dos pacientes ou de os profesionais sanitarios se despracen a outros hospitais para atender aos enfermos, incrementando aínda máis as listaxes de espera”.
A Mariña
A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, subliñou que “acabamos de ser testemuñas do enterramento da área sanitaria da Mariña, cunha poboación de máis de 70.000 habitantes, e do peor dos desprezos do Partido Popular a todos os mariñás. Feijóo nin se dignou a vir ao Parlamento a seguir o debate, nin tan sequera á votación. O Conselleiro nin se pronunciou, non compareceu. Non tiveron en conta ningunha das alegacións presentadas nin as multitudinarias manifestacións veciñais. Hoxe é un día triste pero seguiremos loitando en defensa dunha sanidade pública, universal e de calidade para todos os veciños da Mariña”.
Lemos
O Alcaldes de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, salientou que “hoxe é un dia triste para a sanidade galega e para min especialmente pola situación na que nos atopamos agora os veciños da Comarca de Lemos. Hoxe o PP consumou o peche da nosa area sanitaria, o afastando os servizos sanitarios públicos aos nosos veciños. O Partido Popular consolidou o seu modelo sanitario, que é o de beneficiar á sanidade privada. Conseguiu que os veciños teñan agora que botar man dos seus recursos para ser atendidos na sanidade privada ao afastar os servizos públicos. O PP consuma a súa navallada á sanidade pública galega. Nós, en Monforte de Lemos, non imos ser cómplices do que fai o Partido Popular e, dende logo, seguiremos reivindicando unha sanidade pública, próxima, universal, para todos os cidadáns por igual…”



















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



