Cervo 7-4-18. Jose Luis Moñita Martín, secretario xeral de CxG Cervo, proponlle ao Concello de Cervo que a prometida pista de Skate do Parque Raiña Sofia se chame “Pista de Patinaxe Limosa ”.
Cremos que sería un bo nome xa que o Club Limosa Surf foi esencial nesta idea e de alguna forma hai que recoñocerlle a xente que traballa desinteresadamente pola xuventude do pobo o seu magnifico esforzo.
Dende CxG Cervo aplaudimos esta iniciativa , a cal parecenos moi ben, non soamente pola pista en si sinon tamén polo lugar prometido polo señor Villares para ela, o parque Raiña Sofia, detráis da casa do mar´, en pleno corazón de San Cibrao.
Para una vez que o señor Villares ten una boa idea temos que apoiala. Ainda que moita xente pensou que o señor Villares anuncióu a bombo e prato a construcción de dita pista por un importe de 70.000 € únicamente para acaparar titulares de prensa e vender fume aos seus vecinos coma habitualmente, nos imos darle un pequeniño voto de confianza ao alcalde xa que foi una promesa en firme do rexidor. Moita mellor gastar estos 70.000 € nunha pista para a nosa xuventude que non en festas de dudoso retorno.
Entendemos que o proxecto técnico xa ten que estar moi avanzado xa que o verán comenza o 21 de Xuño e una pista de estas características tarda en construirse entre 3 e 5 meses, pero confiamos na gran capacidade de traballo do señor Villares.
¿Ou tal vez vendeu fume utilizando novamente a imaxen de una asociación sen ánimo de lucro para facer falsas promesas e acaparar titulares?