No libro “O Asilo: a súa historia” (1999), conta Antón Niñe que, dende a inauguración, pasaran por él 751 residentes de ambos sexos; o 20% de Foz e os demais de concellos veciños, do resto de Galicia e doutras autonomías; xentes heteroxéneas que deron lugar á presenza de individuos singulares e mesmo pintorescos que, nalgunha medida, ameizaban a convivencia veciñal, coa que mantiveron sempre moi cordiais relacións.
O mais popular deles, perante moitos anos,fora “o Mudo”; así chamado pola condición de tal; a singularidade radicaba na incógnita da súa existencia, ao punto de descoñecerse a orixe.
O bó do home, de aspecto exótico, tez morena, corpulento aparecera, sen nengúen saber cómo, deambulando pola vila de Meira, ao pouco de rematada a guerra civil (1939). Polas explicacións que coas mans e a mímica se esforzaba en emitir, decíase que o forasteiro caera dun avión, extremo nunca confirmado. Solitario, perdido e aillado, foi recollido polas autoridades e enviado a un Centro de atención en Santiago e, sen tardar, remitido ó asilo de Foz, onde permañeceo ata o pasamento, a idade indeterminada, pola carencia de datos biográficos que algún aventuraban arredor dos 75 anos.
Sorprendía a soltura e estilo do home manexando o bolígrafo que, no papel, deixaba uns trazos firmes, non exentos de certa elegancia, que facían pensar nalgunha forma de escritura, que nunca se descifrou.
Un domingo de maio de 1952 celebrouse no asilo un emotivo acontecemento, ao que asistíu moita xente, como era costume nas festas daquela Casa: o bautizo do “Mudo”. Sor Paz puxo o coro a punto, e na cociña as deliciosas confituras das ocasións. O neófito fora apadriñado por Sor Dolores, a Superiora e don José M. Fernández Rancaño, secretario do Goberno Civil de Lugo e fóronlle impostos os nomes de Santiago Meira Foz.
Polos anos 60 “o Mudo” acadou grande soa. Contamos a historia ao noso amigo, entón prestixoso xornalista, Jorge Víctor Sueiro; él publicou un reportaxe en varios xornais galegos e estatais. De resultas, chegou carta dunha señora de Valencia, con unha foto como de grupo familiar e, diante del,deitado no chan,un fermoso cadelo. Ao velo, o Mudo, amosou a emoción e, con insistencia, o sinalaba, emitindo ladridos que emulaban os do can, actitude que se comunicou á muller que, ante a nova, viaxou a Foz.Pero tampouco se aclarou ren; a viaxeira voltou á súa terra e Santiago Meira Foz , “ o Mudo do Asilo”,ficou aquí de por vida…
Vindeiro capítulo VII: “Outros personaxes populares”.






















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



